xoves, 30 de outubro de 2014

MIGUELANXO PRADO E O DRAGÓN QUE ESBIRRABA...

 

    O curso pasado conteilles aos pequenos o conto "O DRAGÓN que cambiaba de conto cada vez que esbirraba". Unha historia moi divertida narrada por David Aceituno e que conta coas fermosas ilustracións de Miguelanxo Prado que nos encantou. Pois hoxe ás 8 vai estar o ilustrador Miguelanxo Prado na libreiría Cronopios de Santiago da rúa Alfredo Brañas  presentando o libro e firmando exemplares.  Por si vos queredes achegar!

    Unha mostra das páxinas de este fermoso libro que conta moitísimas cousas e no que hai un dragón, un cabaleiro, unha princesa, animais... un conto con moitos contos no que os nenos recoñecen historias dentro de outras historias.

domingo, 26 de outubro de 2014

HOSPITAL DE OSIÑOS: XOGANDO A MÉDICOS

   Aquí vai máis detallada a experiencia que tivemos o pasado mércores os nenos de 6º Infantil do Ceip A Maía en colaboracion coa AMPA, con Medicina Interna  de Galicia (Meiga) e os alumnos e alumnas  da facultade de  Mediciña da Universidade de  Santiago que  nos visitaron.

  Veredes os distintos obradoiros polos que pasaron os "pequenos médicos": aulas de anatomía, de nutrición e hábitos saudables, salas de consulta, quirófanos, salas de curas.... Os case 40 estudantes de mediciña repartiron aos nenos en pequenos grupos para que os 75 rapaces estivesen en todos os obradoiros. E, mentras, os de 3 e 4 anos andaban todos intrigados con tanta bata blanca e verde e cos esqueletes que andaban polos corredores...  
     Pasaron  consulta facendo de papás e mamás dos seus osiños, cubriron o seu historial clínico, fixeron un repaso de anatomía, deron clase de hábitos saudables, xogaron a ser globulos blancos cazando virus, vestidos de cirurxáns operaron pacientes de plastilina nun quirófano xenial e fixeron curas aos seus osiños...

    
     Saíron feitos uns expertos!  E os futuros médicos tamén o pasaron moi ben con estes pequenos estudantes que (salvo algúns máis tímidos), non pararon de falarlles en toda a mañán ... 
E de remate os alumnos de mediciña agasallaron aos nenos con un "boli gel y brilla" ...que hasta que o vin non me decatei de que era un "boli geringuilla"...




DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

    O pasado 26 de setembro foi o DÍA EUROPEO DAS LINGUAS e no colexio celebramolo cunha exposición que recollía contos e prensa en outros idiomas da Comunidade. Na entrada do cole fumos ver a exposición organizada polo equipo de Normalización e, na Biblioteca, escoitamos un conto de sobras coñecido polos nenos, pero narrado en portugués polo profe Moncho e en italiano pola profe Marisú... Carapuchiña Vermelha e Capucheto Rossso. Os nenos escoitaron verdadeiramente moi atentos... e só despois comentaron que non estaba no seu idioma habitual... Unha experiencia moi interesante que vos conto con algo de retraso por "problemas técnicos..."


PREMER PARA VER AS IMAXES

mércores, 22 de outubro de 2014

HOSPITAL DE OSIÑOS DE PELUCHE

  O HOSPITAL DOS OSIÑOS DE PELUCHE é unha iniciativa organizada por Medicina Interna de Galicia (Meiga). Xurdeu no Reino Unido fai 30 anos e pretende  mellorar a relación dos pequenos coa medicina e os médicos, facendo que lle perdan o medo (algún non o consigueu de todo...) e ensinándolles hábitos de vida saudables.
   Participando en esta actividade, en colaboración coa AMPA, hoxe visitáronnos 40 futuros médicos, estudantes de medicina de varios cursos da Facultade de Mediciña da USC que montaron nas clases de 5 anos diversos obradoiros : 
  • CONSULTA
  • ANATOMÍA
  • NUTRICIÓN
  • HIXIENE E VIDA SAUDABLE
  • E CIRURXÍA, CON QUIRÓFANO E TODO!
  • e tamén O XOGO DOS GLÓBULOS, na sala de Psicomotricidade  e no patio, onde os nenos repartidos en grupos de globulos blancos e vermellos corrían perseguindo virus. 
   
   Os futuros médicos chegaron ás 8:30 e comezaron a instalar os obradoiros: con salas de consulta, aulas para as clases de anatomía e hábitos saudables, quirófanos, salas de curas para vendar osiños etc... e como nós xa estabamos inmersos no Proxecto do corpo Humano, tamén tíñamos  o esquelete Pepe, un torso cos órganos a tamaño real e libros, láminas e diversos traballos e materiais aportados polos nenos.
   
        Cada neno trouxo a clase un Osiño e inventou unha doenza que lle contou aos médicos facendo eles de pais e nais que pasaban polas consultas explicando síntomas e cubrindo fichas para cada paciente  e despois, cambiando de roles, pasaron polo quirófano vestidos de cirurxáns. Moitas actividades polas que pasaban repartidos en pequenos grupos e que rematamos xustiños de tempo.

     Foi unha xornada moi interesante  na que aprendimos moito e demostramos o xa aprendido estos días. Foi moi divertida e pasámolo moi ben!. Na próxima entrada do blog contarei máis polo miudo e con máis fotos como transcurriron as actividades nos obradoiros.
 
os futuros doctores e doctoras

mércores, 15 de outubro de 2014

QUEBRACABEZAS DOS ESQUELETOS


   Estos días estamos realizando un proxecto sobre o corpo humano e levamos a clase ao noso amigo "Pepe o esqueleto do cole". Despois de darlle unhas voltas, fixemos un quebracabezas cos osos do corpo e eu dinlles movemento aos esqueletos bailaríns neste video... E, polo medio, como os papeis non cabían nas mesas e tíñamos moitos osos, perdimos fémures, costelas e algún brazo...
    E tamén colaboraron entre eles, xa que os que remataron antes explicaban e axudaban a montar os esqueletos dos demáis.



CLICADE PARA VER OS ESQUELETOS BAILARÍNS

luns, 6 de outubro de 2014

A COLLEITA

    Unha das primeiras cousas que fixemos este curso foi ensinarlle o cole aos novos compañeiros que van a compartir este curso con nós. Así que, con máis entusiasmo que orden, xa que todos querían mostrarlles todo, fixémos unha "visita guiada" para Cristina, Enzo e David. Fomos ao edificio de Primaria, pasamos pola Biblioteca e presentámoslles a Leodoro ( a nosa mascota), fomos a saudar á directora Lita e, por suposto, demos unha volta para ver como estaba a nosa horta. A primeira vez que fomos á horta, case non pudemos entrar porque a herba era máis alta que nós, pero a segunda vez xa pasaran unha desbrozadora e achegámonos aos caixóns para ver como estaba a plantación: comimos algúns tomatiños cherry e recollimos patacas, cebolas, allos e un tomate corazón que deixamos madurar na clase. Non medraran moito... pero era a nosa primeira colleita. Tamén vimos as trampas para as avispas que nos deixaron os nenos e nenas de 3º da clase de María: funcionan!.  E xa estamos pensando na próxima plantación!!!