O HOSPITAL DOS OSIÑOS DE PELUCHE é unha iniciativa organizada por Medicina Interna de Galicia (Meiga). Xurdeu no Reino Unido fai 30 anos e pretende mellorar a relación dos pequenos coa medicina e os médicos, facendo que lle perdan o medo (algún non o consigueu de todo...) e ensinándolles hábitos de vida saudables.
Participando en esta actividade, en colaboración coa AMPA, hoxe visitáronnos 40 futuros médicos, estudantes de medicina de varios cursos da Facultade de Mediciña da USC que montaron nas clases de 5 anos diversos obradoiros :
- CONSULTA
- ANATOMÍA
- NUTRICIÓN
- HIXIENE E VIDA SAUDABLE
- E CIRURXÍA, CON QUIRÓFANO E TODO!
- e tamén O XOGO DOS GLÓBULOS, na sala de Psicomotricidade e no patio, onde os nenos repartidos en grupos de globulos blancos e vermellos corrían perseguindo virus.
Cada neno trouxo a clase un Osiño e inventou unha doenza que lle contou aos médicos facendo eles de pais e nais que pasaban polas consultas explicando síntomas e cubrindo fichas para cada paciente e despois, cambiando de roles, pasaron polo quirófano vestidos de cirurxáns. Moitas actividades polas que pasaban repartidos en pequenos grupos e que rematamos xustiños de tempo.
Foi unha xornada moi interesante na que aprendimos moito e demostramos o xa aprendido estos días. Foi moi divertida e pasámolo moi ben!. Na próxima entrada do blog contarei máis polo miudo e con máis fotos como transcurriron as actividades nos obradoiros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!