martes, 24 de abril de 2012

TEMOS BOLBORETA !

     Non sei si lembrades as eirugas que trouxera Cristobal xa van alá case 6 meses. Bueno pois aos poucos días fixeron as crisálidas. A primeira non consigueu levar a cabo a metamorfose, e a semana pasada naceu a segunda das bolboretas, pero non sobriveu. En palabras de Irene "la vida es así" . E como somos moi prácticos deseguida a puxemos baixo o microscopio para poderlle ver a lingua en espiral e os ollos.

     Pois hoxe pola tarde, saleu a que faltaba. Pola mañán aínda estaba colgando do cíngulo ou cinturón, e os que andábamos polo cole vimos como pregaba e despregaba as súas preciosas ás. Creo que é unha das bolboretas europeas máis grandes e bonitas.
  
    Así que máñan cando cheguen todos, teremos unha bonita sorpresa! Despois levarémola ao patio para que continúe coa súa vida...















domingo, 22 de abril de 2012

UNHA MACETA: UN PLANETA

    Cada día atopas na rede cousas que che sorprenden, por exemplo hoxe abres é a icona de google fai referencia a que se celebra no mundo o DÍA DA TERRA, pero segues a buscar e atopas que tamén é o DÍA DA MACETA.     
     Cousa curiosa a de celebrar estes días precisamente, aínda que penso que deberíamos ser quen de coidar o nosos entorno cada día e facernos conscientes de que tamén temos  outros 364 para traballar polo planeta. A veces pensamos máis no que podemos facer por salvar o Amazonas, as especies protexidas dunha lagoa en Borneo ou os elefantes de Bostwana. Pódenos parecer broma, pero é máis perigosa para o medio ambiente a desparición das rás e outros pequenos anfibios... Pensar en grande está moi ben, pero ao mesmo tempo esquecemos que o entorno a salvar empeza na porta da casa, nas ráns do rio en Castrigo, nas árbores dos montes e parques de Bertamiráns e nos xardíns do colexio.... (que estos si que parecen estar en perigo de extinción). E eso haino que inculcar desde pequenos. 
      Tamén lembro cando nos decían aquelo de que cando un monte se queima algo teu se queima. Certamente, algo noso se queima: non só os pinos e os carballos, senón o aire mesmo que respiramos, a nosa esencia como pobo... Cando arderon as fragas do Eume, os nenos víronno de outro xeito porque lembraron que nesa fraga comenzaba a historia de Derdrín (o trasno do libro O Corazón do bosque de Agustín Fernández Paz). Aínda que eles non tiñan conciencia da importancia de esa fraga orixinal, si que lle daban a súa propia personalidade: para eles era un monte especial. Coma todos! E de eso se trata cando nos falan de poñer os montes en valor: de coñecelos, respetalos e querelos. Pero en serio, non só un día. Vivir cerca das plantas conéctanos coa Natureza e mellora a calidade de vida, porque nós tamén somos unha especie a protexer!

 A NOSA PEQUENA COLABORACIÓN

o  millo da maceta xa ten espigas!
     En clase coidamos as plantas (aínda que ás veces corran risco de afogarse por exceso de coidados...), sementamos case todas as sementes que apañamos no patio (e apañamos moitas, moitas, neste momento de glicinias e de arces) e este ano aprendemos a trasplantar unha especie protexida: os acibros. Cada un de nós plantou tres ou catro e estamos a coidalos ata que chegue o momento de levalos á casa para buscarlles un sitio onde medrar. Esta é a nosa aportación a este día: si os facemos responsables dunha maceta acabaran por sentirse responsables de todas as árbores do planeta.


   COUSAS  GRANDES .... E PEQUENAS 

      Por outra parte agora na clase, no recanto de observación, temos un microscopio e estamos a mirar todo o que podemos: comenzamos polo interior das sementes dos arces que plantamos coas súas folliñas enroscadas e os pelos brillantes que as protexen, follas, plumas de diferentes paxaros, ás de bolboretas, minerais e ata fósiles... Están sorprendidos de cada cousa nova que ven e sempre hai algún colgado do micro, outros buscando algo novo para ver e varios detrás empurrando impacientes para adiantarse...












O acibro : clica para saber máis

UNHA CURIOSIDADE !

     Aquí vos enlazo unha páxina do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente que recolle unha das primeiras campañas televisivas de prevención de incendios (é do ano 62!) e que fixo famosa a frase "cuando un monte se quema algo tuyo se quema". A frase quedou metida no subconsciente de moitas xeracións, pero desgraciadamente a realidade parece que desminte  unha boa idea...

clica


domingo, 1 de abril de 2012

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

cartel da campaña de concienciación

O vindeiro día 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o autismo. 
    O autismo é un trastorno xeneralizado do desenvolvemento (TXD) que presenta unha gran variedade de expresións clínicas e resulta de disfuncións multifactoriais no desenvolvemento do sistema nervioso central.
    Ademais do trastorno autista, dentro dos TXD atópanse tamén o trastorno de Asperger, o de Rett , o desintegrativo infantil e varios máis.   
     Os Trastornos do Espectro Autista (TEA) constituen unha perturbación grave e permanente de varias áreas do desenvolvemento. O grado na que esta perturbación afecta ó desenvolvemento varía moito dunhos casos a outros, polo que se fala dun "espectro", é dicir, de diferentes grados de alteración, existindo persoas con maiores ou menores dificultades.
     Ademais da variedade de expresións condutuais, existe tamén unha diversidade de niveis intelectuais, desde o atraso mental profundo a niveis normais ou superiores de intelixencia. Xeralmente teñen boas capacidades nas áreas viso-espaciais (pensamento visual, habilidade para o debuxo, quebracabezas) e tamén de memoria mecánica e de motricidade.

     Para máis información sobre este tema  entrade na páxina da Federación de Autismo España , contén recursos e información sobre os trastornos de espectro autista.  Aquí atopei a reseña dunha páxina que vos recomendo tanto para pais como para educadores. Trátase dunha web moi interesante elaborada por Antonia Ortega, a nai dun neno con NNEE, que leva 6 anos compartindo e recopilando as mellores ferramentas gratuitas para nenos de educación infantil e de necesidades especiais.


web de recursos de Antonia Ortega


  
    
ENLACES INTERESANTES:

http://www.webantoniaortega.com/
http://www.autismoenred.com/
http://www.raiolas.org/autismo/