luns, 27 de febreiro de 2017

Plantamos unha camelia Rosalía de Castro

   Como homenaxe viva a Rosalía de Castro, todas as aulas do Ceip A Maía plantamos unha camelia que leva o seu nome. Foi creada en Portugal por Moreira da Silva como homenaxe á escritora galega. É unha variedade de camelia reticulata de flor doble e floración a mediados ou finais do inverno e color entre vermello e alaranxado. Os buratos xa estaban feitos e cando chegamos escollimos unha das árbores que parecía ter algúns capullos a punto de abrirse. Cando lle quitamos a maceta pudemos ver que tiña moi boas raices, así que supoñemos que cos coidados axeitados medrará ben.

   Antes de plantar a nosa camelia enchemos de follas secas o fondo do burato para que lle servise de abono, despois cubrimos con terra e regamos. Para identificar a nosa entre todas as camelias do cole, rodeamola cun círculo de pedra e pensamos en facerlle unha etiqueta. Agora toca esperar a que medre e floreza! Aquí estamos nós plantando a nosa camelia.

domingo, 26 de febreiro de 2017

Temporal, laranxas ácidas e macedonia de froitas!

  O temporal arrincounos a árbore grande do medio do horto, e deixouno coas raices ao aire, pero respetou a laranxeira. Fomos ver o desastre e case non se podía entrar ata que os de 3º de primaria fixeron un tunel que nós agrandamos para pasar. 


    Estivemos vendo como eran as raices e sobre todo a laranxeira que tiña moitas polas dobladas pola caída do aligustre. Como estaba chea de laranxas, collimos as que pudemos para clase. Probamolas e vimos que o seu sabor era moi ácido así que as deixamos para facer zume con elas.


  Como na clase tiñamos unhas mazás pensamos en botarllas para facer un postre co zume unha MACEDONIA. Pero con eso só non chegaba, así que fixemos unha lista coas froitas que lle querían botar. Trouxen a maioría das que me pediron e xuntámolas todas. Despois fixemos matemáticas coa froita: contamos, clasificamos, ordenamos por tamaños.... e tamén escribimos a receita.

    Trocearon as froitas con coitelos de verdade e exprimiron as laranxas. Botámoslle algo de azucre para facelo máis doce. Deixámola repousar e comémola!. E coa que sobrou fixemos un BATIDO DE FROITAS con leite sen lactosa!.  A maioría probou os dous postres e gustáronlles moito: sobre todo porque os fixeron eles!.

luns, 20 de febreiro de 2017

Títeres en Santiago: Osiño

   Os alumnos de 4 anos fixemos unha saída en autobús a Santiago para ver a representación de títeres de Osiño, pola Compañía Tompicallo no Auditorio de Abanca. A viaxe en bus encantounos e fomos comentando todo o percorrido. Subimos as escaleiras da Plaza de Abastos e atravesámola ata chegar ao Auditorio de Afundación na rúa do Preguntoiro.
 Como antes xa faláramos das partes dun Auditorio sabíamos que tíñamos que sentarnos no patio de butacas para ver o escenario cando abrisen o telón. Non nos tocou o mellor sitio, porque había moitos coles, ademáis algúns somos moi baixiños para as butacas e a obra se nos fixo un pouco longa... O que máis nos gustou foi o decorado, os cambios de estación na árbore e os efectos de luces e sonido.

  Para saber máis da obra e os seus personaxes podedes entrar na páxina da compañía Trompicallo (AQUÍ) na que tamén tedes un pequeno video sobre Osiño. A historia comeza nunha fraga onde Osiño vai medrando, aprendendo e xogando cos seus amigos Porquiño, Coello e os Ratos ao longo das estacións.


domingo, 19 de febreiro de 2017

O día dos namorados

  O día 14, cando puxemos a data na pizarra, os nenos e nenas da clase comentaron que era o día de San Valentín ou día dos namorados.  Na asamblea intentaron explicar que era eso do amor e de estar namorados, quen se enamoraba  e si coñecían a alguén que o estivese... Algúns deles decían que estaban enamorados de outro compañeiro ou compañeira e outros que o estaban de papá e mamá que eran os enamorados que máis coñecían.... Foi unha maneira divertida de falar das emocións e dos sentimentos. Despois  fixemos estas composicións con corazóns de cores que recortamos e que cada un creou libremente.