Como homenaxe viva a Rosalía de Castro, todas as aulas do Ceip A Maía plantamos unha camelia que leva o seu nome. Foi creada en Portugal por Moreira da Silva como homenaxe á escritora galega. É unha variedade de camelia reticulata de flor doble e floración a mediados ou finais do inverno e color entre vermello e alaranxado. Os buratos xa estaban feitos e cando chegamos escollimos unha das árbores que parecía ter algúns capullos a punto de abrirse. Cando lle quitamos a maceta pudemos ver que tiña moi boas raices, así que supoñemos que cos coidados axeitados medrará ben.
Antes
de plantar a nosa camelia enchemos de follas secas o fondo do burato para que lle
servise de abono, despois cubrimos con terra e regamos. Para identificar a nosa entre todas as camelias do cole, rodeamola cun círculo de pedra e pensamos en facerlle unha etiqueta. Agora toca esperar a que medre e floreza! Aquí estamos nós plantando a nosa camelia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!