O día 14, cando puxemos a data na pizarra, os nenos e nenas da clase comentaron que era o día de San Valentín ou día dos namorados. Na asamblea intentaron explicar que era eso do amor e de estar namorados, quen se enamoraba e si coñecían a alguén que o estivese... Algúns deles decían que estaban enamorados de outro compañeiro ou compañeira e outros que o estaban de papá e mamá que eran os enamorados que máis coñecían.... Foi unha maneira divertida de falar das emocións e dos sentimentos. Despois fixemos estas composicións con corazóns de cores que recortamos e que cada un creou libremente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!