luns, 30 de xaneiro de 2017

Día Escolar da Non Violencia e a Paz


  Estos días no cole estamos traballando o DÍA  ESCOLAR  DA NON  VIOLENCIA  E  A  PAZ, que se conmemoraba hoxe, para que os nosos alumnos aprendan estos valores. Para eles a Paz é un concepto díficil de explicar e a maioría simplificano como "ser amigos", que non está nada mal. Tamén falamos do respeto, da tolerancia e de axudar aos compañeiros. Polo menos a teoría témola moi clara e agora trataremos de poñela en práctica no día a día... 
     

    Para achegarnos a este tema traballamos o conto "NEGROS E BLANCOS" de David MacKee sobre uns elefantes que, por non respetarse, acaban enfrentados nunha guerra con efectos inesperados.... 

    Tamén empregamos varios contos e cortos que temos no Symbaloo da Paz que manexamos na clase: o corto de animación "TOLERANCIA" que só con imaxes e efectos de són narra o enfrentamento entre dous trolls. 

    Ademáis vimos e comentamos unha montaxe de imaxe real na que, en apenas uns minutos, a través de actividades cotiás, son capaces de analizar como lle afecta a guerra a unha nena exactamente igual que eles. (Ata o derradeiro momento a maioría non se decata de que as dúas imaxes son da mesma nena...)

   E dentro dunha actividade proposta polos equi`pos de dinamización do cole recortamos e picamos moitos corazóns para representar o amor e a paz: en tarxetas para levar a casa e para decorar a porta da nosa clase....
( Podedes ver máis información sobre este día na web do cole e o blog da biblioteca.)
E recibimos a visita dos rapaces da clase do profe Ramón que recorreron o cole regalando abrazos! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!