Á volta de Nadal tivemos varias sorpresas na clase: a máis emocionante foi que os Reis... ou Papá Noel (para quen fixemos unha chimenea onde colgar os calcetíns) nos deixaron un pequeno agasallo para cada un que foi o que levaron para casa.
Tamén tivemos unhas merendas moi doces xa que aínda nos quedaban doces da festa de nadal e fómolos repartindo ao longo de varios días.
A outra foi que, POR FÍN, despois de moito esperar e moito pulverizar cada día, nos naceron as setas que nos enviara Cristina a nai de Leo en novembro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!