luns, 26 de decembro de 2016

festa de fin de ano na Maía

   O derradeiro día de clase despedimos o 2016. Fixemos unha festa de fin de ano na que viñemos todos elegantes: garabatas, paxariñas, vestidos de festa, maquillaxe... As mamás mandaron moitos doces típicos de Nadal que comemos despois do baile: turróns, mazapáns, polvoróns, e as galletiñas de xenxibre da nai de Leo que nos fixo nenos e nenas, a profe e a Chanclas. Grazas a todas pola colaboración!. "Axudaron" a colocar e descolocar todo e a repartir as lambetadas polos platos. Ao final conseguimos preparar unha bonita mesa co mantel de Nadal.
  Como todos os nenos de infantil tomamos chocolate con churros que nos axudou a preparar Marga, a conserxe. Tamén grazas a Mónica que nos botou unha man co chocolate e con todo!. Despois do recreo subimos de novo e tomamos as uvas coas campanadas desde a Porta do Sol: contamos as doce (ou máis, porque colleron carrerilla e pasámonos ...) e brindamos coma os maiores con champín pedindo desexos para o novo ano.
   De remate festivo saímos fora e repartimos matasuegras e confetti e metemos ruido ata fartarnos!. Pasámolo moi ben! 
Así adiantamos o ano e  pedimos para todos un feliz e próspero ano 2017. Vémonos en xaneiro!

4 comentarios:

  1. Moitas grazas, Loli, por esforzarte tanto c@s nos@s pequech@s. Pasáronno pipa!!! Que teñas unhas moi boas festas e feliz ano para ti tamén.

    ResponderEliminar
  2. Grazas Mayte. A verdade é que o pasamos moi ben e presumiron todo o que quixeron e máis!. Bailando, poñendo a mesa e repartindo os doces de Nadal axudaron e xa viches como nos quedou a mesa!. E ademáis como contamos máis de 12 campanadas (colleron carreira e non paraban) eso debe significar que os nosos desexos para o ano que ven se han cumplir abondo.
    Felices festas a todos!

    ResponderEliminar
  3. Tremenda fiesta y que guapos iban todos,enhorabuena por tú trabajo Loli,es un vídeo precioso.felices fiestas y buen entrada de año 2017.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas Elena!. Foi moi divertido facer unha festa "de gala" ... algunha ata traía pintalabios "por si se despintaba". Felices festas e que o 2017 veña cargado de cousas boas!

      Eliminar

Comentarios: a túa opinión conta!