![]() |
AQUÍ: buscador de festas de todo tipo en Ames |
24 de febreiro de 2012
NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO
Hoxe conmemóranse os 175 anos do nacemento en Santiago de Compostela da escritora ROSALÍA DE CASTRO (CLICA AQUÍ ), que cando publicou "Cantares galegos" en 1863, sinalou o inicio da restauración do uso escrito do noso idioma e o final de séculos de silencio e esquecemento
7...2 de abril de 2011
Día mundial da Concienciación sobre o Autismo
Este sábado celébrase o día mundial de concienciación do *Autismo*, despois de que o 18 de decembro de 2007 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas proclamase a resolución 62/139, declarando o 2 de abril Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo (DMCA)
iguais pero diferentes
diferentes pero iguais
e cos mesmos dereitos
6...27 de marzo de 2011
Día mundial do Teatro

A actriz, directora e autora ugandesa *Jessica A. Kaahwa* foi encargada pola UNESCO de escribir este ano a mensaxe representativa do día mundial do teatro co título "O teatro ao servicio da Humanidade". É unha forte defensora dos dereitos humáns, do bó governo e administración, e recentemente alzou a súa voz pola igualdade de xénero e pola paz. Tamén organizou numerosas iniciativas nacionais e internacionais usando o teatro para o desenrolo e continúa a busca das múltiples aplicacións do teatro en tódalas facetas da sociedade.
Cito textualmente algúns dos párrafos máis interesantes:
"""...unha reflexión sobre o inmenso poder do teatro para movilizar comunidades e para crear pontes entre os pobos divididos... imaxinastedes algunha vez que o teatro pudera ser unha ferramenta poderosa para a paz e a reconciliación?. Mentras as nacións gastan xigantescas sumas de diñeiro en misións para manter a paz en zonas de conflictos violentos por todo o mundo, pouca atención se lle da ó teatro como alternativa para transformar os conflictos...¿como poderán os cidadáns da nai-terra alcanzar a paz universal cando os instrumentos empregados proceden de fora e parecen poderes represivos? Pídovos neste día mundial do Teatro que o pensedes, que poñades o teatro como ferramenta universal para o diálogo, a transformación social e a reforma. ¿Como podemos gastar posiblemente máis do doble en armas de destrucción que en instrumentos de paz e reconciliación? Mentras as Nacións Unidas gastan cantidades colosales de diñeiro en manter a paz a través das armas, o teatro é expontaneo, humán, máis barato e, de lonxe, a máis poderosa alternativa...mentras non poida ser a única resposta para traer a paz, o teatro debería ser incorporado como unha efectiva ferramenta nas misións de paz..."""

![]() |
*o legado vivinte de 30 millóns de historias sen contar* |
Día internacional de lembranza das víctimas da exclavitude e a trata trasatlántica de esclavos
A Asamblea Xeral das Nacións Unidas acordou nunha resolución, que o 25 de marzo de 2007 fose declarado *"Día internacional de celebración del bicentenario de la abolición de la trata transatlántica de esclavos"*. Este venres adícase o día a lembrar ás víctimas arríncadas dos seus países e das súas familias. Abride a pestana onde dí "Historia"... e veredes de que xeito se realizaba este tráfico...
Hai que coñecer as traxedias .... e non permitir que se esquezan...
¡E NON PERMITIR QUE SE REPITAN !
...porque *segue a pasar* ..... ver *tráfico de persoas*
Día mundial da Tuberculose

3....23-marzo-2011
Día mundial da Metereoloxía
![]() |
prediccións e novas |
Este martes celébrase o *día Mundial da Metereoloxía*. A Organización Meteorolóxica Mundial (OMM) creouse no ano 1950 e España é membro desde o 27 de febreiro de 1951 é un organismo especializado das Nacións Unidas. É o seu portavoz autorizado sobre o estado e o comportamento da atmosfera terrestre, a súa interacción cos océanos, o clima que produce e a distribución resultante dos recursos hídricos. A misión da OMM consiste en marchar á vangarda do mundo en canto aos coñecementos técnicos e a cooperación internacional no referente ao tempo, o clima, a hidrología e os recursos hídricos así como noutras cuestións ambientais relacionadas, e contribuír dese modo á seguridade e ao benestar de todos os pobos do mundo e á prosperidade económica de todas as nacións. Picade *aquí* para entrar na súa páxina, con previsións, avisos metereolóxicos e todo tipo de información sobre os recursos hídricos do planeta e a súa xestión.
2....22-marzo-2011
Día mundial da auga
Este martes celébrase o ** día mundial da auga**. Trátase de concienciarnos a todos sobre o uso responsable da auga . Na clase procuramos levar a cabo pequenos coidados sobre a auga que utilizamos: non derrochala, non esquecer as billas abertas, non xogar con ela, e atopamos unha frase que usamos moito "gota a gota el agua se agota". Si picades *aquí* teredes acceso á mensaxe da Sr Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO con motivo do día Mundial da auga: "Auga para as cidades. respondendo ao desafío urbán"

1....21-marzo-2011
Hoxe foi un día moi ocupado:
![]() |
*diferentes, pero cos mesmos dereitos * |
O 21 de marzo é o día internacional das persoas con **síndrome de down**.
""Este luns conmemórouse o Día Mundial de Síndrome de Down. Con esta celebración búscase sensibilizar á sociedade para que recoñezan ás persoas que o posúen como seres marabillosos, alegres, espontáneos e sinceros que teñen moitas fortalezas e que tamén coraxe para superar as súas debilidades.
A Síndrome de Down é unha alteración xenética que se produce no momento mesmo da concepción, ao unirse o óvulo e o espermatozoide. A causa que a provoca é, ata o momento, descoñecida. Calquera persoa pode ter un neno con síndrome de Down, non importa a súa raza, credo ou condición social.
A conmemoración deste día recorda a triplicación do cromosoma 21, que é a alteración xenética que maiormente se observa nos casos das persoas con Síndrome de Down. Esta variación debe o seu nome ao médico británico John Langdon Haydon Down, quen describiu en 1866 as características clínicas da condición.
É dicir que a síndrome de Down é unha alteración xenética caracterizada por padecer un cromosoma extra, é dicir tres en lugar de dous, no par 21. Por iso tamén é chamada Trisomía 21 e quíxose escoller o día 21/3 para celebralo""