xoves, 29 de setembro de 2011

O Outono de Vivaldi

     Nas clases de infantil adoitamos escoitar música de xeito habitual. Na nosa clase,  un dos momentos é durante a hora da merenda, que aproveitamos para poñerlle aos nenos diferentes estilos de música. Pretendemos que se acostumen a escoitar non só cancións infantis senón tamén música clásica. Como ademáis estamos no outono esté é o mellor momento para  presentarlles esta peza: O outono de Vivaldi   ,co fondo desta fermosa presentación de imaxes  outonais.
     As catro estacións é o título dun libreto de catro concertos para violín e orquestra do compositor italiano Antonio Vivaldi (A primavera, O veran, O outono e O inverno).


martes, 27 de setembro de 2011

Wangari Maathai: a muller árbore.


     "Toda persoa que logrou algo foi derrubada varias veces... Pero todas elas levantouse e continuou, e iso é o que sempre tratei de facer" .
 Estas son palabras de Wangari Maathai, a fundadora do movemento Cinturon Verde.
 Ela nunca desisteu no seu intento.

      Hai persoas que coa súa forza, son capaces de cambiar o mundo, hoxe acaba de falecer en Kenia unha delas, unha persoa moi especial, que deixa, non un vacio, senón un camiño aberto para que o sigamos...

      Durante o curso pasado na clase contamos un conto sobre a súa vida que deixou impresionados aos nenos e nenas pola loita que supuxo e por todo o que consigueu levar a cabo. A protagonista desta fantástica historia africana era unha persoa real... 


 A primera revolución: a educación

        Wangari Maathai conseguiu escolarizarse na década dos 40, en que moi poucas nenas kenyanas ían á escola. Con 20 anos conseguiu unha beca para terminar os seus estudos universitarios en Estados Unidos e despois en Alemaña. En 1966 regresou ao seu país, xa independizado, pero con moitos retos por afrontar no ámbito social. Loitou polas súas ideas e chegou a pasar pola cadea. Pouco despois uniuse á Universidade de Nairobi. Foi a primeira muller en África oriental e central en doctorarse no ano 1971, e converteuse tamén na primeira muller en presidir un departamento na universidade e en ser nomeada profesora.


 A segunda revolución: árbores nun xardín

   Outra revolución, esta de cor verde, empezou co empeño de plantar árbores no seu xardín , e con eles as sementes do Movemento Cinturón Verde (en inglés, GBM)
 que conseguiu animar a miles de mulleres e homes a plantar máis de 50 millóns de árbores, logrou a rehabilitación de contornas degradadas e a mellora da calidade de vida das persoas en situación de pobreza. O GBM hoxe é un dos programas de protección ambiental máis potentes de África. Todo iso fixo que Maathai gañásese o apelativo de Muller Árbore.
          A profesora Maathai será recordada non só por ser a primeira muller africana que obtivo en 2004 o Premio Nobel da Paz, senón pola súa loita activa en temas ambientais e a favor da mellora da vida das mulleres en Kenia e Africa, contra a deforestación e por ser unha precursora da oposición ao cambio climático nos anos 70. 

FRASES
recollendo o Premio Nobel

"Ata que caves un buraco, plantes unha árbore, a regues e a fagas sobrevivir, non fixeches nada. Só estás falando".
 
(Sobre a árbore de Guernica) "Alégrame saber que aquí, como ocorre en moitos lugares da miña África natal, cando tedes problemas e necesidade de dialogar facédelo debaixo da sacra sombra dunha árbore".
 
"Síntome moi contenta de que sentan devoción por el. O meu espírito, a esencia do meu traballo, está tamén contida no símbolo dunha árbore. Creo que a natureza une ás culturas do mundo".
 
"Podemos traballar xuntos cos homes e mulleres de boa vontade, eses que irradian a bondade intrínseca da humanidade. Para facelo efectivamente, o mundo necesita unha ética global con valores que dean sentido á experiencia de vivir".

"Os valores universais de amor, compaixón, solidariedade, coidado e tolerancia, deberían formar a base desta ética global que debería impregnar a cultura, política, comercio, relixión e filosofía".
 

"Cando Plantamos árbores, plantamos as sementes da paz e da esperanza".


Ela nunca desisteu no seu intento...
porqué o imos facer nós?

venres, 23 de setembro de 2011

Benvidos !

Ola a todos e todas!
aquí estamos outra vez, no inicio dun novo curso,  no que xa somos "os maiores do cole", aínda que faltan uns cuantos nenos e nenas por cumplir os cinco anos. Tardei un pouco en reabrir o blog , xa que igual que me pasa coas despedidas, sempre me costa atopar as palabras para comenzar de novo. Como se inicia un curso? Como se conta nunhas poucas liñas o que pretendes facer ao longo dos vindeiros meses?. Como se transmite a ilusión que todos poñemos no día a día?. De que xeito se explica que este é un proceso diferente, no que "o  producto", igual non se aprecia de xeito inmediato, senón a longo prazo?. No que o resultado do esforzo diario é a formación de persoas completas, que sepan cousas, que adquiran coñecementos, pero sobre todo que teñan ganas de saber máis, de adquirir máis coñecementos, de investigar e sobre todo que sexan capaces de pensar por si mesmos, que sexan creativos, boas persoas, bos compañeiros, bos amigos, xenerosos, responsables, traballadores... case nada!.
        E por riba, pretendemos conseguir todo eso estando como estamos inmersos nun mundo que a través das imaxes da publicidade e da televisión o que nos transmite son uns valores materiais, de ter máis, de ser máis, de aparentar máis... Por eso quero suliñar o voso/noso protagonismo e responsabilidade insustituibles como pais, nais e mestres na educación integral dos nenos e nenas e agradecer a vosa colaboración durante o curso. O voso exemplo será, en colaboración coa escola, o mellor xeito de formar aos alumnos e alumnas como persoas completas, capaces de desenvolverse con respecto, autonomía e responsabilidade no mundo no que lles toca medrar. Gracias.

    É, por certo,..... este curso pensamos facer "cousas de grandes".