venres, 29 de xaneiro de 2016

Día da Paz: axudamos ós demáis.

  
   Celebramos o Día da Paz con todos os nenos do colexio. Cada nivel tiña que traballar sobre un lema e o noso era "AXUDAR ÓS DEMÁIS". Tíñamos que facer unha pancarta que explicase ós outros nenos o que nós entendimos por eso. De primeiras costounos, pero logo colleron carreiriña e dixeron moitas maneiras de axudar ós demáis que eu íba escribindo no encerado... Despois tiven que buscar un dibuxo axeitado ó que eles querían decir, e púxenllo nunhas mans coas que fixemos un xardín con flores solidarias. Ademáis, premendo AQUÍ, podedes ver no enlace coa web do cole como foi a xornada con todos os nosos compañeiros. 

   E hoxe baixamos a compartir con todos a nosa pancarta e ver as dos demáis. Como somos dos máis pequenos tocounos sitio preferente e vimos chegar todas as pancartas.  Tamén cantamos a cantarela dos nenos de Xosé Neira Vilas (amiguiños todos...)  e algún animouse tamén a bailar.

as nosas pancartas


xoves, 28 de xaneiro de 2016

Reciclando ceras

   Todos os materiais teñen un fin e cando remata a súa "vida útil" normalmente repoñémolos e os restos tíranse e xa está... Pero cando merquei as ceras novas ensineilles no blog de 4 anos o bonitas que lles quedaron as que eles reciclaron.



    Decidimos entón intentar facer as nosas propias ceras "madeinfeitonocole". Merquei moldes de silicona de distintos tamaños, formas e cores e seleccionamos as ceras máis pequenas. 

  Enchemos os moldes  medindo por tamaños e clasificando por cores: esto é competencia matemática!. Cando todo estivo listo, metémolas no forno a 180º, algo menos de 10 minutos. Esperamos a que estivesen frías e ao día seguinte desmoldaron e probaron as ceras. Quedaron moi bonitas! E ademáis aprendimos de xeito práctico o valor da reciclaxe

Neste video está o proceso que seguimos:

mércores, 27 de xaneiro de 2016

Xogamos co xeo



    Que os nenos disfrutan coa auga é un feito.... Disfrutan xogando con ela, tocándoa, bebéndoa mollándose... e ás veces enchoupandose!. Un elemento que os fascina porque se pode ver e beber, tocar (aínda que se escurra das máns...), que se pode medir e trasvasar, que pode cambiar de cor, estar fría ou quente, que lava, molla e limpa... 

    A auga é un material que aos pequenos lles encanta porque cambia de forma según no recipiente no que esté e que tamén  pode cambiar de estado líquido a sólido ou gaseoso. Por eso fixemos esta experiencia: para apreciar os cambios. Con dúas botellas de xeo cheas de auga, cambiamos a cor dunha delas coas fías dun rotulador vello e metémolas  no conxelador. Conseguimos dous cubiños xigantes de xeo. Ó longo de varias sesións tocamos e manipulamos empregando os sentidos do tacto, a vista... incluso o olfato e o gusto.

xoves, 21 de xaneiro de 2016

A paz, o respeto e a convivencia

     Cos pequenos comezamos a traballar pensando no Día da paz. Unha das ferramentas que empregamos, ademáis de falar e  intentar que expliquen o que eles entenden pola paz e a guerra, é este Symbaloo da paz e a convivencia que fun completando con contos e cancións que tratan de compartir, de convivir e de aprender a respetarnos.

  

     
   Hoxe contamos o conto "O monstro de cores"  de Anna Llenas  que trata das emocións e o xeito de expresalas. A través del intentamos atopar a maneira de verbalizar o que sentimos cando estamos cansos, ou cando botamos de menos a mamá e papá, ou cando estamos anoxados e non sabemos porqué... É que ás veces nós tamén mesturamos emocións e estamos confusos como o monstro do conto...
  
   Para saber o que contén o Symbaloo entrade nel  premendo na imaxe de abaixo ou a través da web do cole ou do blog da biblioteca...

Symbaloo da paz e a convivencia