Todos os materiais teñen un fin e cando remata a súa "vida útil" normalmente repoñémolos e os restos tíranse e xa está... Pero cando merquei as ceras novas ensineilles no blog de 4 anos o bonitas que lles quedaron as que eles reciclaron.
Decidimos entón intentar facer as nosas propias ceras "madeinfeitonocole". Merquei moldes de silicona de distintos tamaños, formas e cores e seleccionamos as ceras máis pequenas.
Enchemos os moldes medindo por tamaños e clasificando por cores: esto é competencia matemática!. Cando todo estivo listo, metémolas no forno a 180º, algo menos de 10 minutos. Esperamos a que estivesen frías e ao día seguinte desmoldaron e probaron as ceras. Quedaron moi bonitas! E ademáis aprendimos de xeito práctico o valor da reciclaxe.
Neste video está o proceso que seguimos:
Que buena idea,voy a ponerlo en práctica, me encanta.
ResponderEliminarUn consello: para evitar impurezas no resultado, limpa as ceras o máis q poidas antes de facelo.
ResponderEliminar