venres, 30 de xuño de 2017

Festa de fin de curso

    Para rematar o curso fixemos unha festa. O día antes escolleron o que querían para a merenda e merqueino. Trouxemos globos e xogamos con eles e despois bailamos coa música do Brinca vai de Paco Nogueiras.
    






    Tamén saímos fora a buscar as flores silvestres para o San Xoán  e falamos das tradicións para ese día, as cacharelas con leña de distintas árbores, as flores para preparar auga máxica e perfumada ... e, ao voltar, tomamos un plato de sandía fresca. 

E despois despedímonos ata o vindeiro curso!  Vémonos en setembro!


E non está mal esta PROPOSTA PARA O VERÁN que fixo Carme
                                         despois de escoitar "O verán" de Vivaldi.


xoves, 29 de xuño de 2017

Deseñando bolsas para o 3º trimestre

   Para levar os traballos do 3º trimestre cada neno decorou como quixo a súa bolsa. Empregaron rotulas, ceras e gomets e moita imaxinación!

martes, 27 de xuño de 2017

Paco Nogueiras: Brinca vai na Maía!

     Antes de rematar o curso asistimos á actuación de Paco Nogueiras que nos cantou cancións do seu disco Brinca vai: o antroido move o corpo, o samáin, meu o mundo é...  
   BRINCA VAI!” son 12 cancións para os 12 meses do ano,  con diferentes estilos musicais: techno, rock, folc, reggae ou música electrónica. Os nenos cantaron e bailaron sen parar a pesar da calor e tivemos sorte xa que corría unha pequena brisa. Eles estaban entusiasmados e a que máis Inés que bailou ata que non podía máis!. 
 
  Ao final falamos con Paco e sacamos algunha foto. Jordán preguntoulle como fixo "para cantar tan ben" e Paco respondeulle que "practicar moito" como en todo o que queremos facer ben.. 
    Unha anécdota: o día antes Marta preguntoume que iba facer Paco (contesteille que "cantar, claro") e díxome "pero ni magia, ni cuentos.... nada más?. E toda seria díxo: "me parece poco". Pois cando estaba no medio da actuación veu onda mín toda emocionada e díxome "ya no me parece tan poco, me encanta!". Menudos críticos pequenos jeje

 Neste video que tamén puxen na web do cole, temos algúns anacos da actuación e ao final moitas fotos do ben que o pasamos. Grazas Paco!



luns, 26 de xuño de 2017

Pintando no chan e deseñando o patio de recreo

  Moitas veces colaboramos para pintar no chan obras en formato grande e esta vez foi despois de ver imaxes e videos de arte aborixe australiano. Algúnhas empregámolas despois para forrar e decorar as columnas da sala de psico. Tamén deseñaron o parque de xogos que lles gustaría ter. Sobre todo tíñan que colaborar e respetar o traballo dos compañeiros....
   Para deseñar o parque foron pensando en todo o que lles gustaría que tivese o noso: espacios grandes para pasear, fontes, estanques, tobogáns, area e sobre todo moitas árbores (algúnhas con froita) e flores.


 Non están nada mal as súas ideas: sería o patio de recreo ideal de calquer colexio!



martes, 20 de xuño de 2017

Xogos de fin de curso

     Xa estamos despedindo o curso. Hoxe os alumnos de infantil participamos nun obradoiro de xogos organizado polo Equipo de Actividades extraescolares do colexio. Participamos por niveis e con diversos grados de dificultade. Mavi preparounos varios xogos de velocidad, habilidade e destreza nos que tíñamos que transportar auga dun barreño a outro sen derramala, transportar unha pelota entre dous sen deixala caer e facer canasta. Pasámolo moi ben  e gañamos todos porque o importante neste caso era divertirnos e colaborar.

(Aquí estamos todos os de 5º facendo equipos)

 

venres, 9 de xuño de 2017

A calle: deseñando unha cidade

  Para aprender a colaborar de maiores non hai mellor que traballar en equipo desde pequenos. Entre todos fixemos estas calles e puxemos edificios de varios tipos nos que tiñan que coordinar tamaños, cores e espazos para colocar todo. Cando rematamos cos edificios, pensamos que  tamén precisaban aceras... e árbores e moitas cousas máis.


 Desde logo saleunos unha cidade chea de cores, de aceras amplias e de árbores...

   Así rematamos as dúas primeras calles, pero despois pensaron que a xente que vivía nas vivendas (familias con nenos) precisaba algo máis... así que comenzamos a pensar entre todos.


   Díronse conta de que para vivir e traballar e xogar precisábamos colexios, parques, supermercados, cuarteis da policía, hospitais e centros médicos, tendas de roupa, tendas de zapatos, de comida, aceras, semáforos, transportes etc...

 Así que fixeron outra calle na que dibuxaron, recortaron e colocaron algúns dos servizos que nos faltaban....

   






luns, 5 de xuño de 2017

A galiña azul de Carlos Casares anda pola Maía!

   Polo  xardín do cole apareceron o Día das Letras Galegas unhas galiñas azules como a de Carlos Casares. Pareceunos moi divertido!. Despois de contar a historia desta galiña azul tan peculiar que ten 5 plumas vermellas e pon ovos de cores puxémonos a dibuxalas e con elas imos participar no concurso convocado polo equipo de Dinamización linguística. 


 Antes tivemos que buscar na rede como eran as galiñas de verdade.... porque algúns decían que non sabían dibuxalas... Pero probamos e quedaron así:
 
 

Natalia, Jordán e o tesouro do pirata Alpargata

   Jordán e súa nai, Natalia, contáronnos a historia de como o pirata Metepata se convirteu no pirata Alpargata despois de ir perdendo anacos do seu corpo polo mar adiante e convertirse no único pirata no mundo que en vez de levar unha pata de pao leva alpargatas... 

Traía o barco do pirata e un mapa do tesouro que indicaba un montón de pistas agochadas pola clase. Cada pista lles propoñía unha proba a superar para conseguir atopar o tesouro do pirata.
    Unha sesión moi divertida na que todos participaron emocionados e máis aínda cando atoparon e conseguiron abrir o tesouro cos polvos de fada: unha morea de monedas de ouro que foron contando e comendo ao longo dos días....
 Na montaxe tedes fotos e videos da sesión.

domingo, 4 de xuño de 2017

Tendal de poemas: o carrizo de Manuel María


   A nosa clase participou co poema "O CARRIZO" de Manuel María na proposta do TENDAL DE POEMAS do Concello e os equipos de Dinamización Linguística de todos os centros de Ames para o Día das Letras galegas.. 
  Tíñamos que escoller ou crear un poema relacionado coa natureza e escollimos este  pequeniño sobre un paxaro tamén moi pequeniño.  Escribímolo e ilustrámolo entre todos, pero escolleron a Marcos para dibuxar os carrizos porque "debuxa moi ben" ... e despois xa non chegaba a tela!


premer AQUÍ para ver a entrada na web con todo o tendal do colexio
   No video-montaxe están as fotos de como ilustramos e escribimos o poema e de como todos "probamos" o vestido. Estamos moi contentos co resultado: quedounos de diseño!

sábado, 3 de xuño de 2017

Cristina, Leo e as xirafas non poden bailar

   Dentro das visitas a clase Cristina, a nai de Leo, veunos ler o conto "As xirafas non poden bailar". Un conto editado por Bruño de Giles Andreae  que ademáis das divertidas ilustracións de Gay Parker-Rees, fálanos dos respeto polas diferentes capacidades e habilidades que temos. E faino a través de Chufa, unha xirafa que cando na selva se organiza un baile sinte que é moi torpe e non pode  facelo.... Ou sí??? 

  Cristina contounos o conto con acompañamento músical que traía no móvil e, co libro, ensinounos distintos estilos  de baile. Foi moi divertido!. O conto é tan bonito que non tardamos en mercar un para o cole. Ademáis Cristina regalounos outro precioso libro para clase que se chama precisamente así: "Un libro" de Hervé Tullet, (un artista que nos encanta!) e rematou a visita cunhas galletas de cores que fixo con Leo. 



Moitas gracias Cristina pola visita e polo libro!