Para rematar o curso fixemos unha festa. O día antes escolleron o que querían para a merenda e merqueino. Trouxemos globos e xogamos con eles e despois bailamos coa música do Brinca vai de Paco Nogueiras.
Tamén saímos fora a buscar as flores silvestres para o San Xoán e falamos das tradicións para ese día, as cacharelas con leña de distintas árbores, as flores para preparar auga máxica e perfumada ... e, ao voltar, tomamos un plato de sandía fresca.
E despois despedímonos ata o vindeiro curso! Vémonos en setembro!
E non está mal esta PROPOSTA PARA O VERÁN que fixo Carme
despois de escoitar "O verán" de Vivaldi.
Que gran fiesta para despedir el curso... Uno más, ahora a por el último con las pilas recargadas.
ResponderEliminarQue pases unas buenas vacaciones y descansa mucho..
Grazas Elena! Agora toca descansar (pensando no vindeiro curso) para volver coas pilas como novas!Bo verán a todos e a todas!
Eliminar