luns, 28 de decembro de 2015

O Nadal


premer aquí para ver o que fixemos no mes de Nadal
   Decoramos o cole (puxemos a árbore da entrada!), contamos contos, e cantamos cancións (as que puxen no simbaloo). Un grupo de maiores veunos ler un conto do patiño feo e o derradeiro día tomamos chocolate con churros.
  os maiores que nos leron o conto do parruliño feo:
        fomos ver e escoitar a Luis Vallecillo e os seus títeres
 
                                                  Tomamos chocolate con churros!
 Cristina, a mamá de Leo, regalounos esta preciosa e  riquisima tarta de galletas de xenxibre
 pintamos a árbore de Nadal e fixemos un posado para as postais
e fixemos as bolas e as árbores para decorar no cole e na casa
 Reciclamos e pintamos de novo a árbore que fixen o ano pasado cos maiores.
 E decorámola coas bolas que despois levaron a casa.

E despois de todo esto só queda desexarvos un Bo Nadal e feliz 2016 para todos!

domingo, 13 de decembro de 2015

Symbaloo de Nadal

premer aquí para entrar no Simbaloo de Nadal
A semana pasada unha compañeira e máis eu estivemos dándolle voltas a Symbaloo, unha ferramenta  de internet moi interesante para gardar enlaces a contos, cancións e actividades que nos interesan de cada tema. Púxenme a ver como se podía facer e aquí está o primeiro simbaloo cos recursos de Nadal que seleccionei para nós. Aos nenos gústalles moito porque xa ven de que vai cada recanto. Se premedes aquí podedes abrir o mesmo que temos na clase na PDI . 
  Gracias Rosana por "picarme"!

sábado, 5 de decembro de 2015

Montando a árbore de Nadal

 
    Moitos nenos contáronnos que nas súas casas xa tiñan posta a árbore de Nadal. Así que díxenlles si querían axudarme a poñer a do cole. Por suposto querían todos!. Saímos de clase e sentámonos na entrada diante dunha caixa grande que gardaba todo desde o ano pasado. Abrímola rápido, porque estaban impacientes e Mónica e eu montamos a estructura, estiramos as polas e cando o rematamos, os nenos foron os encargados de escoller e colocar os adornos (con axuda, porque ou non chegaban ou poñían un e caían dous...). 

     Despois, sin que eles o viran, colocamos as luces e Inés foi a encargada de darlle ao botón do encendido. Que cariña de emoción!!!. Cando o viron así, ata lles parecía que era máis grande!. E cómo presumimos de árbore e de traballo con todos os que pasaron por alí!. Quedounos moi bonito!



Collendo contos na Biblioteca: "Feliz Navidad, Splat"

    O martes fomos ata a Biblioteca. Entre poñer abrigos, colocarnos, repasar as normas, enfilar, ver caer as follas da pérgola e saudar a todo canto atopabamos de camiño.... levounos un bo rato. Por fin chegamos, explicamos as normas de Leodoro para a Biblioteca e vimos que os axudantes tiñan colocadas unhas estanteirías cheas de libros de Nadal. Eu escollín o libro "Feliz Navidad, Splat" de Rob Scotton (autor e tamén ilustrador dunha colección de historias moi divertidas da que este libro forma parte). Expliqueilles que podíamos levalo a clase, pero que tíñamos que apuntarnos na libreta de préstamos.

     Aquí estamos poñendo "cara de foto" na zona azul de prelectores:
 
   Cando volvimos a clase estabamos un chisco cansados: parecía que en vez de subir a rampa víñamos de subir o Everest!. Así que cando recollimos todo, sentámonos na alfombra para escoitar a divertida historia de Splat. Algún estaba tan canso que quedou durmido!


   
     Resumo do conto: a noite de Nadal Splat, despois de facer a carta a Papá Noel, espera recibir un gran agasallo... pero de súpeto  entranlle dúbidas de si sería o suficientemente bo... Pensa que aínda está a tempo de arranxalo e éntranlle unhas enormes ganas de demostrar o bo que é. E comeza a axudar en todo... Demasiado!. Ao final recibe xusto a caixa vermella que el debuxara na súa carta. Pero non sabemos o que ten dentro... E ninguén de clase o preguntou: sinal que tamén eles se percataron de que o importante non era o regalo en sí, senón a sorpresa e o cariño con que llo diron todos os membros da súa familia.

  Por certo: desde o martes están a recordarme seguido que "teño que levar o conto á Biblioteca e borrarme da lista": esa norma vese que nos quedou moi clara jeje.
 

venres, 4 de decembro de 2015

Plantando landras na clase e tulipáns no xardín

    A principios do outono atopamos as landras do carballo americano que temos no patio e tamén moitas sementes de arce (as que vos levaron algúns para casa). Contamos o conto de "Xaime e as landras" e fixemos coma o protagonista: plantar algunhas das landras en macetas de clase. Esperamos e esperamos... pero debeunos pasar coma no conto e non naceu ningún carballo.

 
 
    Despois probamos con outras sementes  máis grandes (aguacates) e máis pequenas (liño) con diferentes resultados. Tamén plantamos os curiosos rizomas do xenxibre e estos parecen a piques de agromar. 

     Un día trouxenlles moitos  bulbos de tulipáns e na etiqueta pareceunos unha flor preciosa e baixamos a plantalos no xardín. Costounos atopar ocos porquexa  temos plantados bulbos de narcisos e tamén allos de monte que darán unhas delicadas flores blancas dentro de nada. Aprendimos o xeito correcto de plantalos, co pico para arriba e agora toca esperar ata a primavera!



 

xoves, 3 de decembro de 2015

Os tres porquiños e o café

   O conto dos tres porquiños é un clásico ao longo de xeracións de pequenos, en tódalas versións posibles, imaxes, cores, formatos, con finais de todo tipo... e, por non ser menos, na clase é un dos nosos preferidos e solicitados.
  Esta vez ademais de escoitar o conto, fixemos as casas dos porquiños empregando virutas para simular a palla, e gomets para facer de ladrillos.... Cando rematamos as casas de palla parecía que pola clase pasara o lobo soplando e soplando.... pero despois quedou moi recollido!


    Ademáis falamos de cómo viven os porquiños, de cómo e porque se bañan na lama e empregamos o buscador para escoller tres imaxes  dos porquiños realizando actividades diferentes: as escollidas foron estas.

   Para pintar a lama na que se embadurnan escollín un producto que temos nas casas: o café. Primeiro intentamos adiviñar a través do olfato o qué lles parecía.
 

   Despois descubrimos que podíamos pintar con él se o mollábamos con auga e conseguimos unha cor moi parecida  á lama e ademáis un traballo moi oloroso!.
Pasámolo moi ben co noso primeiro café: aínda que xa saben que eso é "para maiores"
















as follas das árbores no outono

   Durante o Outono fixemos varias actividades coas follas: saímos a observar como cambiaban de cor nas árbores, recollímolas no instituto, xogamos con elas no patio de area, fixemos atados coas máis grandes e bonitas (que agora temos pendurados na clase). Secámolas, rachámolas en anacos miudiños practicando a destreza motriz e pegámolas nos folios. Tamén levaron unhas cuantas nas mochilas: un agasallo para vós que recollían con moito cariño!. Non lles importaba que tivesen area ou estiven magulladas, era o xeito no que expresaban o seu cariño pensando en papá e mamá.
     Unha tarde, despois de retirar a exposición das cabazas quedei mirando para o mural do Samaín que estaba de fondo, e co aquel de reciclar (e aforrar papel e tempo), funo transformando nun bosque de outono. O ceo cambiou de cores e medraron varias árbores que deixeu coas polas sen follas....

   Cando chegaron pola mañán fíxenos pensar que podíamos facer con esas árbores desnudas e escoitamos  e cantamos de novo unha canción  que nos gusta moito. Póñovola aquí. 

   
     Despois conteilles  o conto da árbore sen follas. A música non nos gustou moito, pero a historia sí, e foi o que lles dou a idea do que podíamos facer coas nosas árbores sen follas.... Como vedes xurdeu de xeito "expontaneo"!
 
   Usamos o buscador do firefox para atopar os modelos de follas que máis nos gustaban e escollimos unha de carballo e outra de castaño (andabamos a voltas co magosto)


     Buscamos nas caixas de ceras as cores que máis se aproximaban as follas que observamos, aínda que algúns van por libre, e cada un pintou un par. Despois púxenlle as súas caras para que cada un recoñecera as súas. 
 
Achegámonos ás árbores e vestímolas pegandolles as  follas ...
Este foi o resultado: traballamos o coñecemento do medio físico e participamos na decoración e ambientación do colexio. 

xoves, 26 de novembro de 2015

Experiencia: imáns


   Os nenos teñen unha enorme curiosidade por coñecer o mundo que os rodea están na idade na que todo son preguntas: por qué esto? por qué o outro?. Moitos xoguetes xeran neles o interés por saber cómo funcionan, este é o caso dunha caixa de imáns que temos. Sempre a usaron como un xogo, empatando pezas para construir estructuras e vendo que por un lado se atraen e por outro se repelen...     
      Pero esta vez propúsenlles unha experiencia práctica: ver si podían sacar dun bote os anacos de limpapipas de cor (que teñen un centro metálico) sin meter as máns dentro.
 

     Estiveron probando e conseguirono unindo unhas pezas con outras ata ter unha máis longa que chegaba ao fondo. Despois estivemos comprobando pola clase as cousas que quedaban "pegadas" nos imáns e as que non. 

mércores, 25 de novembro de 2015

Cantacontos con Luis Vallecillo

   Os pequenos de infantil tivemos unha divertida sorpresa co  músico, poeta e CANTACONTOS Luis Vallecillo que nos fixo dúas sesións con  divertidas cancións en galego cun aire de rock e blues acompañado da súa guitarra. Na nosa sesión cantounos a "historia dos tres porquiños", "as pantasmiñas", "Xan sin medo", "xoguetes populares" e "saímos amodiño"... Repetiron os retrousos, bailaron, cantaron e pasámolo moi ben!...

           Na web do cole podedes ver o video con máis fotos e as cancións  clicando AQUÍ
o cantacontos!
baixando á Biblioteca
 
 O público