sábado, 5 de decembro de 2015

Collendo contos na Biblioteca: "Feliz Navidad, Splat"

    O martes fomos ata a Biblioteca. Entre poñer abrigos, colocarnos, repasar as normas, enfilar, ver caer as follas da pérgola e saudar a todo canto atopabamos de camiño.... levounos un bo rato. Por fin chegamos, explicamos as normas de Leodoro para a Biblioteca e vimos que os axudantes tiñan colocadas unhas estanteirías cheas de libros de Nadal. Eu escollín o libro "Feliz Navidad, Splat" de Rob Scotton (autor e tamén ilustrador dunha colección de historias moi divertidas da que este libro forma parte). Expliqueilles que podíamos levalo a clase, pero que tíñamos que apuntarnos na libreta de préstamos.

     Aquí estamos poñendo "cara de foto" na zona azul de prelectores:
 
   Cando volvimos a clase estabamos un chisco cansados: parecía que en vez de subir a rampa víñamos de subir o Everest!. Así que cando recollimos todo, sentámonos na alfombra para escoitar a divertida historia de Splat. Algún estaba tan canso que quedou durmido!


   
     Resumo do conto: a noite de Nadal Splat, despois de facer a carta a Papá Noel, espera recibir un gran agasallo... pero de súpeto  entranlle dúbidas de si sería o suficientemente bo... Pensa que aínda está a tempo de arranxalo e éntranlle unhas enormes ganas de demostrar o bo que é. E comeza a axudar en todo... Demasiado!. Ao final recibe xusto a caixa vermella que el debuxara na súa carta. Pero non sabemos o que ten dentro... E ninguén de clase o preguntou: sinal que tamén eles se percataron de que o importante non era o regalo en sí, senón a sorpresa e o cariño con que llo diron todos os membros da súa familia.

  Por certo: desde o martes están a recordarme seguido que "teño que levar o conto á Biblioteca e borrarme da lista": esa norma vese que nos quedou moi clara jeje.
 

2 comentarios:

  1. Jajajaja, que bueno....me imajino quien se quedó dormida.

    ResponderEliminar
  2. bueno, a que estás pensando... e un par máis jeje.

    ResponderEliminar

Comentarios: a túa opinión conta!