mércores, 30 de outubro de 2019

Recursos da Natureza

 Traballamos o OUTONO cos recursos que nos ofrece e a natureza no entorno máis próximo ao colexio.

 Saímos a recoller landras no camiño hacia Castrigo. Buscamos baixo os carballos as máis grosas, oscuras e xa co pico aberto asomando raices para despois sementalas na clase e observar o seu crecemento.
Este ano son espectaculares e estaban moi emocionados cando viron tantas.



 Temos, coma tódolos nenos, moito afán por facer coleccións de todo, por recolectar: follas, paos, pedras e landras claro. Aproveitamos para contar e clasificar!. E, xa na clase, aproveitaremos para escribir os nomes. Tamén atopamos setas, castañas e ourizos, landras de carballo americano (que foi unha historia facer pequenas hipótesis sobre como chegara aquí si a arbore máis cercana está no patio de 3 anos). No souto do Sr Manuel atopamos pequenas árbores (freixos, castaños e carballos pequenos) así como sementes de loureiro e cando vimos o arbusto  recollimos follas que despois levaron a casa... Co loureiro traballaron o olfato: ulíalles a cebola, a peixe... e decían que mamá tiña eso na cociña.

   Por desgraza tamén atopamos latas, plásticos, lixo... e como estamos coa recollida selectiva de basura decían en que contenedor debería ir cada cousa. A carón da porta xa vimos os contenedores que nos faltaban por contar do día que fixemos un inventario dos que hai no cole e no seu entorno.


martes, 29 de outubro de 2019

Maxia en Ames

  A semana pasada  celebrouse o décimo cuarto Festival de Maxia de Ames e nos centros de ensino do concello tivemos un adianto o luns. Todo o alumnado de infantil e primaria foi pasando por quendas pola nosa sala de psicomotricidade.  O mago Joshua Kenneth  e o Mago Paco  pasaron a mañán facendo trucos de ilusionismo, maxia e movemento. Despois da maxia os nenos remataron bailando e comendo unhas monedas máxicas de chocolate. (Non saquei moitas nin boas fotos porque tamén foi o primeiro día de Marcelo: un pequecho de tres aniños que se incorporou á nosa clase xusto este día!).


venres, 25 de outubro de 2019

Biblioteca da casa

  Con motivo do DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, que se celebra o 24 de outubro,  o Equipo da nosa propuxolle a todo o cole unha actividade "ao revés": mostrar os nosos libros favoritos, os que temos na casa. Co tema BIBLIOTECA DA CASA montouse a exposición nas portas do colexio tanto en infantil como en primaria e que xa se poden ver na web da Biblioteca nesta LIGAZÓN.










martes, 22 de outubro de 2019

Unha rosa do deserto na auga

  Como sabedes na clase estamos a falar da reciclaxe e o coidado do medio ambiente, e tamén acabamos falando da importancia e o coidado da auga. Unha das experiencias con auga que fixemos estos días foi cunha rosa do deserto que levaba "dormida" máis de 3 anos. Eles non sabían o que era cando a tocaron e eu non lles dixen nada... 
  Fixeron un montón de hipótesis sobre esa cousa que se lles mostrou na clase e nunca viran antes. As máis realistas: que si era unha pedra, un atado de paos, un ourizo (primeiro o animal, pero non lle encontraban os ollos, despois un de castañas porque estamos no outono...), pensaron nun niño pero non sabían de que clase de paxaro...
 Polo tacto decían que pinchaba, era dura, áspera, pero ao mesmo tempo fráxil porque nos rompía nas mans e algúns non se atrevían a tocala... Estivemos un rato coa cousa nas mans e despois collín auga e quedaron pensando máis aínda. Cando a mollamos, vímola abrirse e desenvolverse bastante rápido, deixar de ser dura e correuda, cambiar algo a súa cor, algún xa veu ramas, outro raices... e entón xa se diron conta que parecía unha planta e que coa auga cambiaba.
  Agora témola na ventana e seguímola observando a ver si colle algo máis de cor co sol... a vez anterior virouse bastante verde e incluso medrou co tempo... a ver agora que tal se nos da!

martes, 15 de outubro de 2019

Unha andaina por Castrigo a comezos do outono

   Cando comezou o outono fixemos unha andaina desde o colexio polas pistas, bordeando o monte hasta a aldea de Castrigo. Acompañáronnos os nenos e nenas da profe Sandra e fomos observando as distintas cores das follas a principios do outono e algúns dos froitos desta época. 
  Volveron cos bolsillos cheos de landras, que este ano son moi grandes comparadas coas que atopamos o curso pasado. Pasámolo moi ben, seguimos a linde do monte e fixemos unha parte do recorrido campo a través, con algunha sorpresa como foi atopar o posible rastro dun coello...
  

venres, 11 de outubro de 2019

Primeiros días do curso

  Nesta montaxe van imaxes dalgunhas das actividades dos primeiros días do curso. Na entrada cando todos estaban emocionados e nerviosos por verse de novo, en algúns recantos da clase polos que fomos pasando e sobre todo na sala de psicomotricidade onde todo é posible: desde construir un castelo a transformarnos en herois e heroinas, piratas, cabaleiros e investigadoras, granxeiros, nais e doctoras coa axuda das telas, os cabalos de espuma, os bloques... e moita moita imaxinación.