domingo, 27 de novembro de 2016

Arcimboldo e o Outono

    Coñecemos a Giuseppe Arcimboldo, un artista italiano coñecido pola series de cadros das catro estacións nos que empregou froitas e verduras representativas de cada época como trucos visuais.
Fixemos unha asamblea para analizar o retrato do outono, que foi co que traballamos, e cada un iba sinalando os distintos elementos que observabamos na boca, os cabelos, o nariz... Despois cada equipo coordenouse (esta sempre é a parte máis dificil) para pintar as froitas e as verduras, recortalas e logo facer a montaxe dos deus propios "retratos de outono coa técnica de Arcimboldo".  

   Cada membro do equipo opinaba de onde sería mellor colocar as pezas para lograr o máis parecido posible... Antón botou en falta setas e uvas para poñer no pelo, pero colgouse internet e non pudemos imprimilas... (cousas que pasan). Traballamos o retrato e as partes do corpo e entre facer, desfacer, perder e atopar, ordenar e recolocar... este foi o resultado:


Agustín Ibarrola e as árbores da Maía

   A partir "dun erro" ao colorear as pezas do quebracabezas dunha árbore acabamos falando dun artista que pintaba na pel das árbores: Agustín Ibarrola. Estabamos traballando coas follas do patio e vendo como cambian de cor no Outono, recollimos algunhas e fixemos con elas un marco. Tamén falamos de como son as cortizas das árbores (a súa pel) e  un día pintando o tronco dunha árbore tíñamos que diferenciar o fondo da forma empregando como moito tres cores... . Pero "algúns estaban algo despistados" e usaron todos os que lles pareceu.

    A partir deste "erro" falamos sobre as cores e as texturas dos troncos: existen uns eucaliptos arcoiris en Australia con todas esas cores, contamos aneis nun anaco de tronco para saber os anos que tiña cando o cortaron e coñecimos a un artista vasco, Agustín Ibarrola, que ademáis de outras obras tamén pintaba sobre os pinos.
 
   Vimos en internet fotos do bosque de Oma. Despois saímos fora a tocar as distintas texturas da  cortiza e  acabamos pintando as árbores do patio dos pequenos! 
 

mércores, 23 de novembro de 2016

Noel: un espectáculo de maxia!


   O luns asistimos a un espectáculo de maxia do mago Noel, xunto cos pequenos de tres anos. Fixo trucos con ovos, globos, cordeis, gamusinos, xogos malabares... rematando cunha nevada "máxica". E aínda que ao principio algúns dudaban entre si era un espectáculo cómico ou de maxia, remataron convencidos de que a maxia era ... "de verdade".  Pasámolo xenial! 


   Cando rematou o espectáculo quedamos na sala de Psicomotricidade despedindo a Noel e apañando os restos da máxica nevada...

 

luns, 21 de novembro de 2016

Doce de cabelo de anxo de Martina


   Martina trouxo a clase doce de cabelo de anxo  para compartir cos nenos e nenas da clase e explicounos a receita da súa avóa. Ademáis viña preparada con fotos dos pasos que seguira e tamén unha  coa súa avóa.
   Contounos como era a cabaza e como se preparaba para facer este doce tan rico. Despois reparteu anacos con aqueles que quixeron probalo e gardou un pouquiño para a avóa. Estaba moi rico e tiña una  preciosa cor transparente.

    Gracias por compartilo! 





 En este video intentei gravar a explicación, pero no medio a Martina entroulle medo escénico e baixou moito a voz, aínda que o explicou moi ben!


sábado, 19 de novembro de 2016

As meninas de Velazquez

    A partir dunha lámina na que uns nenos observan tres cadros nun museo, fixemos unha "visita virtual" ao museo da rede. Buscamos os posibles orixinais reproducidos no dibuxo: obras de Picaso, de Velazquez e de Kandinsky. Das tres a que máis nos gustou foi o retrato da infanta Margarita do cadro das meninas de Velázquez, así que escollimos o seu retrato para traballar con el. Empregamos unhas preciosas telas que nos regalou a nai dunha antigua alumna (que sabe que nos encantan estas cousas!, moitas gracias Sole!). Despois pintaron, recortaron a tela (foi máis dificil do que pensaban) e pegarona na saia da infanta. 



mércores, 16 de novembro de 2016

Xubilouse Carmen

   
    O pasado venres xubilouse Carmen, a nosa Conserxe en infantil. Queremos darlle as gracias por vir a traballar sempre cunha sonrisa, por botar unha man cos pequenos nas entradas, por ser tan cariñosa con eles e por axudar en todo canto se lle pedía.   NA  WEB  do cole está o agradecemento do Ceip A Maía ao seu traballo  LER MÁIS+
     Na foto está Carmen cando se veu despedir á nosa clase co ramo de flores que se lle regalou de parte dos mestres. (E tamén nos presentou á súa sustituta, que se chama Marga e comezou este luns a traballar con nós).
    Agora, despois de toda unha vida de traballo, tócalle descansar e disfrutar!

Gracias Carmen !
Botarémoste de menos! 
 

martes, 15 de novembro de 2016

As castañas do Magosto

   
    Fai uns días celebramos o magosto no cole despois de pospoñelo pola chuvia. Levamos os cucuruchos, fixemos cola diante das dúas máquinas instaladas no patio e comimos castañas: algún ata que se cansou e outros fixeron paquetiños para compartir con papá e mamá ou os irmáns. E para rematar bailamos ao són da música que nos puxo o profe Jorge.


sábado, 12 de novembro de 2016

As cabazas do Samaín

  Para o Samaín os nenos trouxeron cabazas decoradas coas súas familias e participaron na exposición que se fixo tanto no centro de infantil como en primaria e que podedes ver na WEB do cole. 




 
 


     Demos, esqueletos, gatos, tigres, monstros, minions.... e ata una Chanclabaza!. Todas elas unha mostra de creatividade e colaboración. Grazas a todos! 


 Aquí estamos vendo as primeiras, despois viñeron moitas máis!.


Leo e as setas

     Fai uns días Leo trouxo a clase unha caixa que nos mandou Cristina, a súa nai. Todo emocionado, contounos que dentro había setas!. Pero que tíñamos que abrila, cortar o plástico que contén, regala  e esperar moitos días, porque entonces nacerían as setas. Así que seguimos as súas instruccións e puxemos a caixa nun recanto da clase. 
 Trátase dun pack feito con posos de café reciclados e que contén os micelios dunha seta comestible moi sabrosa (Pletorus ostreatus).


Agora  estamos a esperar a colleita. Leo desde logo está tódolos días pulverizando para manter a humidade que precisan para medrar... 

Xa vos contaremos como vai. Gracias Cristina!

domingo, 6 de novembro de 2016

É DIVERTIDO TER AMIGOS!

   Un conto de Rob Lewis no que o coelliño Ambrosio nos explica o divertido de ter moitos e diferentes amigos. Ambrosio múdase a un bosque novo, e o que máis lle gusta é nadar, intenta buscar amigos cos que poida compartir a súa afección pero según el todos teñen algún defecto. Ao final dáse conta que é máis importante ter amigos e respetalos que calquera outra cousa. A través deste conto aprendemos a darnos conta que todos somos diferentes e que hai que aceptar aos demáis tal como son porque cada persoa pode aportar algo á nosa vida. Algo que nos está a costar un pouquiño.
   Despois de escoitalo explicamos o que máis nos gusta facer e cal é o noso mellor amigo. E fixemos a proba de intentar adiviñar o que máis lle gusta facer. Resultou máis dificil do que pensaban e non todos acertaron coas aficións dos seus amigos. Para rematar dibuxáronse facendo o que máis lles gusta con seus amigos.