Fai uns días Leo trouxo a clase unha caixa que nos mandou Cristina, a súa nai. Todo emocionado, contounos que dentro había setas!. Pero que tíñamos que abrila, cortar o plástico que contén, regala e esperar moitos días, porque entonces nacerían as setas. Así que seguimos as súas instruccións e puxemos a caixa nun recanto da clase.
Trátase dun pack feito con posos de
café reciclados e que contén os micelios dunha seta comestible moi
sabrosa (Pletorus ostreatus).
Agora estamos a esperar a colleita. Leo desde logo está tódolos días pulverizando para manter a humidade que precisan para medrar...
Xa vos contaremos como vai. Gracias Cristina!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!