A partir "dun erro" ao colorear as pezas do quebracabezas dunha árbore acabamos falando dun artista que pintaba na pel das árbores: Agustín Ibarrola. Estabamos traballando coas follas do patio e vendo como cambian de cor no Outono, recollimos algunhas e fixemos con elas un marco. Tamén falamos de como son as cortizas das árbores (a súa pel) e un día pintando o tronco dunha árbore tíñamos que diferenciar o fondo da forma empregando como moito tres cores... . Pero "algúns estaban algo despistados" e usaron todos os que lles pareceu.
A partir deste "erro" falamos sobre as cores e as texturas dos troncos: existen uns eucaliptos arcoiris en Australia con todas esas cores, contamos aneis nun anaco de tronco para saber os anos que tiña cando o cortaron e coñecimos a un artista vasco, Agustín Ibarrola, que ademáis de outras obras tamén pintaba sobre os pinos.
Vimos en internet fotos do bosque de Oma. Despois saímos fora a tocar as distintas texturas da cortiza e acabamos pintando as árbores do patio dos pequenos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!