venres, 29 de abril de 2016

Iván, Adela e o tren de Martiño co seu penico!


    Adela, a nai de Iván, veu a clase a contarnos un divertido conto de Chema Heras, ilustrado por Kiko Dasilva: "CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS" editado por Kalandraka. Iván estaba mooooi emocionado e preparoulle a silla especial á súa nai para que "estivese cómoda", e díxolle que non se preocupase nin estivese nerviosa "porque el ía sentarse a carón dela para axudala".... tiñao todo pensado!
     Os Reis Magos non entran na casa dos nenos que non están durmidos, avisáronno na casa. Pero a medianoite Martiño soñaba, e entráronlle unhas enormes ganas de mexar... E fixo moito ruido!
                                                E entón pasou o que nos contaron Adela e Iván:

   Adela contounos a historia de Martiño e o penico amarelo que lle trouxeron os reis coa "dirección artística" de Iván que non paraba de darlle "instrucións": primeiro lee tí!, despois dalle a volta!, ensínalles os dibuxos! e así todo o rato....

    Despois, os nenos  preguntáronlle a Adela moitas cousas... e falamos de PENICOS, de cando eles os tiveran e de que agora xa eran moi maiores para usalos.
    Como xa comenzaban a remexer puxémonos a pintar os dibuxos que nos trouxo Adela co tren de Martiño e o seu penico atado cunha corda.
premer AQUÍ para ver as fotos

Moitas gracias ADELA por vir a clase a compartir este conto con nós!  



(Como curiosidade direivos que cando buscaba imaxes do conto atopei unha noticia de que, fai xa 10 anos, a editorial Kalandraka estivo a piques de non poder editar este conto nos Estados Unidos porque nas ilustracións de Kiko Dasilva saía o pobre de Martiño "sin cueiros..."). Ufffff

xoves, 28 de abril de 2016

Alessandra, Patricia e unha clase de inglés

 Alessandra trouxo de convidada a súa nai para darnos unha clase de inglés. Patricia veu cargada de cousas, paneis, contos e animaliños.
Cantou, bailou e deixounos a todos coa boca aberta. 

Fixo as rutinas en inglés con unha canción de benvida, vimos os días da semana, os meses, as horas....
 Despois contounos os contos da eiruga larpeira, querido zoo e a araña traballadora.....
    E todo coa axuda de Alessandra que acompañou á súa nai en todo, xa que Patricia traía todo doble: en grande  e en pequeno e as dúas diron a sesión á par! 
Neste video tedes unha parte do que fixo Patricia. Fantástico!

           E premendo na foto de abaixo está o kizoa coas fotos que sacamos da actividade.
premer AQUÍ
 Moitas gracias por vir Patricia!
 E  gracias tamén pola preciosa planta que nos regalaches para clase!
 

mércores, 27 de abril de 2016

Cocorico e o pirata guai!

   Como vos dixera, na entrada da visita de Natalia faltábame por editar e subir o video coas cancións de Cocorico e do pirata guai. Aquí están!. Estiveron encantados: sobre todo Inés que o expresou como sabe e estaba emocionadísima. Gracias de novo Natalia!



 

martes, 26 de abril de 2016

Brancaneves, Noemi e Thayssa e un conto de medo

    Noemi, a nai de Thayssa, foi a nosa convidada para vir a clase a contarnos BRANCANEVES E OS SETE ANANIÑOS. Traía un libro con este conto para nenos... ou eso parece, porque se o analizamos está cheo de violencia ata o final, en que todo se resolve con un bico de amor. 
  Pero nesta historia hai crimes, envexa, ciumes, enganos, venganza,  persecucións... Ata hai canibalismo  e ningún se sorprende de que a malvada bruxa queira comer o corazón de Brancaneves!. Tampouco cuestionamos que no medio do terror e das persecucións a que está sometida Brancaneves, o primeiro que se lle ocurra cando chega a casa dos ananiños sexa comezar a ordenar, limpar e cociñar... Un xeito nada sutil de transmitir a cuestión dos roles femeninos.  

   A versión que nos leeu Noemi é a habitual para os pequenos e todo se resolve sin problemas: a bondade triunfa e a maldade é castigada: como debe ser!.


Outra cuestión neste conto sería o xeito no que se fala da beleza. ¿É boa porque é fermosa?
  Espelliño, espelliño, dime unha cousa 
                                                    quén é de todas a máis fermosa?
  Brancaneves é un deses contos clásicos través dos cales os nenos se achégan aos perigos pero á vez se sinten seguros no seu mundo cando todo se ordena e resolve como é debido.


 Escoitamos a lectura e despois fixemoslle  preguntas a Noemi: sobre a bruxa, a mazá envenenada, e moitas sobre o cabalo do príncipe... Nótase que esta é a etapa dos porqués.


 Aquí está Thayssa encantada coa visita da súa nai.
Moitas Gracias Noemi por vir a clase a pasar un ratiño con nós! 



**************************************

  Jacob e Wilhelm Grimm (Alemania 1786-1859), os famosos irmáns GRIMM, son coñecidos sobre todo polas súas recopilacións de contos populares, e tamén por outros traballos de historia da lingüística e a filoloxía alemanas.
   Entre 1812 y 1822, os irmáns Grimm publicaron "Contos infantis e do fogar", unha coleción de contos
populares recollidos en diferentes tradicións alemanas.    
   Os textos fóronse adornando e moitas veces variando e censurando de edición en edición por causa da súa violencia e extrema dureza. Os irmáns sempre se defendían das críticas decindo que non eran historias para nenos... Igual por iso agora estamos vendo no cine cada vez máis adaptacións de estos contos para un público maior nas que se aprecia máis contido adulto e violento...

   De todos xeitos as versións fóronse adaptando como contos infantis e dulcificandose sobre todo nas versións Disney. E si vos fixades ao que máis prestan atención non é aos lindos animaliños e aos paxariños que falan docemente con Brancaneves. Non, o que os atrae máis é a violencia da malvada raiña convertida en bruxa que manten aos nenos cerca do perigo enfrontandose aos seus medos, pero en un entorno seguro, porque todo remata ben ... e sempre poden pechar o libro.
 

domingo, 24 de abril de 2016

O Quixote e os 400 anos de Cervantes no día do libro

      O noso proxecto durante este mes foi achegarnos á figura de Miguel de Cervantes e do Quixote a través dos seus personaxes. Coñecemos a Alonso Quijano, Sancho Panza, Dulcinea, Rocinante e seguimos as aventuras de Don Quixote conta os muiños e o rebaño de ovellas...
 
 
na exposición co Cervantes neno
 
o lapbook sin rematar
    Empregamos o Symbaloo, fixemos algo de teatro representando a historia de Cervantes, xogamos no ordenador, pintamos os retratos de Cervantes e fixemos un lapbook, un mural con despregables no que contamos algo do que aprendimos do Quixote. Agora está colocado na entrada do colexio de primaria xunto á figura dun maniquí vestido coa mesma roupa que nós empregamos para disfrazarnos de Cervantes...  Con papel pinocho fixenlles unha gola de época e aquí están as fotos que fixemos:
   O venres baixamos a primaria a ver a exposición dos lapbooks de primaria recomendando libros  (podedes velos no blog da Biblioteca ou achegarvos por alí,están xeniais!)
 
   A profe María mostrounos como funcionaba un muiño de vento como os da Mancha que fixo cos de 4º no taller de plástica... 
    Aquí estamos na  exposición dos lapbooks na Biblioteca:
        Despois subimos e baixamos polas escaleiras onde están escritas as primeiras frases do Quixote. No blog da Biblioteca e na web do cole tedes máis información con fotos e videos de todas as actividades que se fixeron no DÍA DO LIBRO.
 


venres, 22 de abril de 2016

Natalia, Jordán, vikingos, dragóns e unha canción!


    Hoxe veu Natalia, a nai de Jordán, a cantarnos unha canción preciosa que inventou para nós cos nomes de todos e a contarnos a súa historia favorita de vikingos e dragóns. Por si algún non a veu é unha peli de animación preciosa.

   A entrada de Natalia xa foi impresionante, porque viña cargada cun baúl que tiña a todos intrigados por ver o que contiña. Ademáis traía unha guitarra. Primeiro preparouse e sacou do arcón dos contos dous cascos vikingos. E contounos en forma de conto a peli "Entrenando o teu dragón".
   Unha historia na que se demostra que, igual que os vikingos e os dragóns, ás veces enfrontámonos aos demáis por descoñecemento. E que se somos capaces de superar os medos podemos chegar a ser amigos de aqueles que nunca tal pensamos.... e que ata os dragóns teñen corazón!


   Ademáis, Natalia tiña unha sorpresa moi especial "A CANCIÓN DA CLASE DE CHANCLAS" que compuxo para nós cos nomes de todos. Encantounos! Xa temos himno!
      Explicounos como se afina a guitarra e deixounos tocar un par de notas. A guitarra saleu ilesa pero en algún momento correu serio perigo jeje
 E premendo na imaxe dos protagonista de hoxe  está un kizoa coas fotos da sesión.
premer aquí
Despois tamén nos cantou a canción de Cocorico e o pirata malapata (a ver si as dou subido aquí mismo mañán)