Hoxe Cristina, a nai de Leo, fixo de contacontos dentro das actividades do mes do libro. Leo fixo de axudante da súa nai e presentoulla aos demáis: "mamá" ou "mami" como lle chama sempre... O conto era A QUE SABE A LÚA?
Cristina chegou preparada cun cartón no que foi poñendo a terra e a lúa e reparteulles aos nenos os animais que saen no conto para que participasen na historia desta tartaruga curiosa que quería saber a que sabe a lúa. Para averigualo, sube a unha montaña, pero a lúa alonxase e ten que pedir axuda aos outros animais da selva....
Os nenos foron colocando os animais uns enriba dos outros, pero non conseguían chegar á lúa ata que subeu o ratiño máis pequeniño e colle un anaco dela para compartilo con todos cando baixa..... E cando o comen a cada un sábelle ao seu alimento favorito...
Entón Cristina sacou unha sorpresa máis. Unhas deliciosas galletas con lacasitos que Leo se encargou de repartir con todos. E a comer! Algún quixo gardar a metade para levar a casa e compartir con vós, pero non se non farían como Cocorico...
Ademáis das galletas, Cristina regalounos un precioso e divertido conto: "O GANAPAN DAS PALABRAS", que lles contei antes de marchar para casa e que nos gustou moito polo xogo que dá cando as palabras se perden e se desordenan...
Premendo na imaxe de Cristina e Leo veredes unha pequena montaxe coas fotos da sesión.
Premendo na imaxe de Cristina e Leo veredes unha pequena montaxe coas fotos da sesión.
Premer aquí |
Moitas gracias Cristina por vir a contarnos este conto de xeito tan participativo e polo agasallo que incorporamos á Biblioteca de aula.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!