Adela, a nai de Iván, veu a clase a contarnos un divertido conto de Chema Heras, ilustrado por Kiko Dasilva: "CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS" editado por Kalandraka. Iván estaba mooooi emocionado e preparoulle a silla especial á súa nai para que "estivese cómoda", e díxolle que non se preocupase nin estivese nerviosa "porque el ía sentarse a carón dela para axudala".... tiñao todo pensado!
Os Reis Magos non entran na casa dos nenos que non están durmidos, avisáronno na casa. Pero a medianoite Martiño soñaba, e entráronlle unhas enormes ganas de mexar... E fixo moito ruido!
E entón pasou o que nos contaron Adela e Iván:

Adela contounos a historia de Martiño e o penico amarelo que lle trouxeron os reis coa "dirección artística" de Iván que non paraba de darlle "instrucións": primeiro lee tí!, despois dalle a volta!, ensínalles os dibuxos! e así todo o rato....
Despois, os nenos preguntáronlle a Adela moitas cousas... e falamos de PENICOS, de cando eles os tiveran e de que agora xa eran moi maiores para usalos.
Como xa comenzaban a remexer puxémonos a pintar os dibuxos que nos trouxo Adela co tren de Martiño e o seu penico atado cunha corda.
Como xa comenzaban a remexer puxémonos a pintar os dibuxos que nos trouxo Adela co tren de Martiño e o seu penico atado cunha corda.
premer AQUÍ para ver as fotos |
Moitas gracias ADELA por vir a clase a compartir este conto con nós!
(Como curiosidade direivos que cando buscaba imaxes do conto atopei unha noticia de que, fai xa 10 anos, a editorial Kalandraka estivo a piques de non poder editar este conto nos Estados Unidos porque nas ilustracións de Kiko Dasilva saía o pobre de Martiño "sin cueiros..."). Ufffff
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!