mércores, 13 de abril de 2016

Visita da nai de Carme

   Dentro das actividades previstas para conmemorar o mes do libro este luns recibimos a Goretti, a nai de Carme. Foi a primeira en vir a clase a lernos un conto. Carme estaba encantada de compartir con todos a súa mamá e todos están impacientes por traervos a clase.

  Primeiro presentámonos e despois Goretti leunos a historia dunha fadiña algo diferente que non podía voar, xa que nacera coas ás mal. Pero non lle importa, xa que consigue superalo e aproveita para voar o vento que fai caer as follas no outono ou as folerpas de neve no inverno...

   É un conto interesante para falar das diferencias e de como superalas. Carme escolleuno porque lle gusta moito. 
  Cando rematou de ler, fixéronlle algunhas preguntas a Goretti (sobre todo preguntaban por qué a fada non podía voar) e dixéronlle que lles gustara moito o conto.
  O atento público. Case todos...
 Carme despedindo a mamá. Moitas gracias Goretti!

3 comentarios:

  1. Gracias a ti! Foi unha experiencia moi bonita!!
    O conto titúlase "El hada que no sabía volar" e escribiuno a mamá dunha fadiña moi especial. Nel fálase da importancia da diversidade e de que todos, a pesar das nosas pequenas ou grandes carencias, podemos ser útiles e reinventarnos ou buscar alternativas para conseguir as nosas metas e sentirnos realizados.

    ResponderEliminar
  2. Ayyy... non sei que pasou que non se publicou todo o comentario...
    Sólo que, como dixeches, a Carme encántalle este conto, e a min paréceme moi especial polo que transmite.
    Gracias de novo!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias a tí por vir e por contarnos un conto que, como ben dís, transmite máis do que parece. Xa cho pediremos de novo para darlle outra voltiña!

      Eliminar

Comentarios: a túa opinión conta!