O noso proxecto durante este mes foi achegarnos á figura de Miguel de Cervantes e do Quixote a través dos seus personaxes. Coñecemos a Alonso Quijano, Sancho Panza, Dulcinea, Rocinante e seguimos as aventuras de Don Quixote conta os muiños e o rebaño de ovellas...
na exposición co Cervantes neno |
o lapbook sin rematar |
Empregamos o Symbaloo, fixemos algo de teatro representando a historia de Cervantes, xogamos no ordenador, pintamos os retratos de Cervantes e fixemos un lapbook, un mural con despregables no que contamos algo do que aprendimos do Quixote. Agora está colocado na entrada do colexio de primaria xunto á figura dun maniquí vestido coa mesma roupa que nós empregamos para disfrazarnos de Cervantes... Con papel pinocho fixenlles unha gola de época e aquí están as fotos que fixemos:
O venres baixamos a primaria a ver a
exposición dos lapbooks de primaria recomendando libros (podedes velos
no blog da Biblioteca ou achegarvos por alí,están xeniais!)
A profe María mostrounos como funcionaba un muiño de vento como os da Mancha que fixo cos de 4º no taller de plástica...
Despois subimos e baixamos polas escaleiras onde están escritas as primeiras frases do Quixote. No blog da Biblioteca e na web do cole tedes máis información con fotos e videos de todas as actividades que se fixeron no DÍA DO LIBRO.
Guapisimossss que salieron tod@s en las fotos de cervantes.
ResponderEliminarde parte de todos que moooooooooooitas gracias.
ResponderEliminar(os modelos que son moi guapos!)