martes, 28 de novembro de 2017

Seguridade viaria: visita da Policía Local


    O pasado venres visitounos unha axente da Policía Local de Ames. A axente Cristina preparounos unhas presentacións en power point para falarnos aos alumnos de 6º de infantil de educación e seguridade viaria. Tratou da importancia de respetar as normas cando andamos polas beirarrúas como peóns ou como ciclistas, o xeito correcto de cruzar e andar polas calles, de xogar nas plazas e porqué é importante o uso do cinturón se imos no coche e dos cascos no caso de ir en bici.... 
   Sobre todo Cristina quixo deixarlles claro que a Policía está para axudarnos se temos un problema e para coidarnos e protexernos. Os nenos asistiron moi interesados e Cristina ensinoulles uns xogos da DXT e fíxolles varias preguntas "a modo de examen". 




   Rematou dándolles unha sorpresa: un carnet de axudante da policía local.  Con ese carnet poderían avisar aos que non cumplen as normas de seguridade viaria e recordarllas....

    Cando rematamos quixeron facerlle moitas preguntas, sobre todo referentes as ferramentas de traballo que levaba: pistolas, barras, esposas, guantes e placa. Quixeron saber o que facía a policía "cos malos", por qué tiñan números diferentes a súa placa e as nosas (Iván fixouse en tódos os números e comparounos). 
 GRAZAS CRISTINA POLA VISITA!

 
 
   Chamoume a atención unha pregunta moi curiosa (ou non tanto) que incidía nos estereotipos de reparto de roles por sexo: "ERES DE VERDADE?". O que a fixo pensaba que o seu uniforme podía ser un disfraz, pero Cristina explicoulles moi ben que as nenas poden ser o que queiran.... Precisamente a este estereotipo corresponde un video que andaba estos días na rede falando da igualdade de xenero dentro dunha campaña que acaba de chegar a España ("Inspirando o futuro: equilibrando a balanza"). No video pídeselles a alumnos e alumnas de 6-7 anos que dibuxen  un ciruxán, un bombeiro e un piloto de cazas  e case todos debuxan homes. Entón reciben a visita de tres profesionais citados...
   

domingo, 26 de novembro de 2017

Experiencias de Outono: follas, sementes, arte e matemáticas.

  No outono as follas das árbores caducas que temos diante da nosa ventá (un liquidambar, un carballo americano e un liquidambar) e os que vemos no instituto (liriodendros e liquidambar) ou no monte frente ao colexio (carballos, maceiras e castiñeiros) van adquirindo distintas tonalidades que van desde o amarelo, dourado, laranxa e vermello ata o púrpura máis oscuro. 


  Cada ano vémolas cambiar e sempre nos maravilla este proceso. Saímos a visitar as árbores e a xogar coas follas caídas apreciando as cores, as súas formas, as distintas texturas ao tocalas e o son que fan ao pisalas... A Natureza é unha fonte incrible de materiais para traballar na clase.


   Traballamos todos os sentidos, incluso o olfato, xa que ao traer as follas a clase esta ten agora un recendo outonal... Ao recollelas contamos de cinco en cinco, de dez en dez... e algúns moito máis.
   E fixemos atadiños con elas que empregamos para facer mandalas e unha cortina de follas que está colgada nas nosas ventás. E ademáis, entre todos estamos compoñendo unha poesía sobre as follas.

   Tamén atopamos sementes de arce e recollemos moitas que preparamos para sementar. Na clase contamos as que aportou cada membro dos cinco equipos e fomos anotando todas as cantidades.  Algúns foron moi competitivos,  outros deixáronse levar... e para algúns foi fonte de conflicto, pero para a maioria foi un xeito de aprender o valor da colaboración.


 Outra experiencia que estamos a facer é a plantación de landras de carballos (americanos e autóctonos) e camelias. Contamos un conto ("Aínda nada") que ten moito que ver coa paciencia e a espera e levamos moitos días contabilizando o seu resultado por escrito, xa que cada día comprobamos os cambios e anotamos os días que levamos coa plantación. 

 (nas etiquetas amarelas contabilizamos o tempo das sementes e nas de cor rosa estamos anotando a experiencias das rebanadas de pan e as mans, do que xa vos contaremos como vai indo...)



sábado, 25 de novembro de 2017

O Magosto: castañas e música

    A semana pasada celebramos o magosto no colexio: fixemos unha festa onde comimos castañas e bailamos ata cansarnos. Trouxemos o tren das castañas e antes de ilas comer fomos ver como funcionaba. Despois pasamos ao patio cuberto e alí recollimos os nosos paquetes de castañas e estonámolas arredor das papeleiras para deixar todo limpo e recollido.

Despois corremos e bailamos coa música que seleccionamos os profes de infantil sobre o Magosto, Samaín e outono e que se encargou de pinchar o profe de música. Fixen máis videos do baile que podedes ver na web do colexio premendo AQUÍ.





Outono, cabazas e Samaín

   Coma tódolos anos, celebramos o Samaín e pedimos aos nenos e as familias colaboración para decorar cabazas e facer composicións con productos de Outono e a participación coma sempre foi fantástica. moitas gracias a todos!. Saquei fotos de todos os nenos e nenas coas súas cabazas pero por esas cousas que a veces pasan, ao descargalas estropeuseme o ordenador e borráronse moitas. (De todos xeitos nas fotos da exposición saen todas). 



    Tamén subín outros videos das exposicións de cabazas de infantil e primaria e podedes velos premendo aquí  na web do cole 

    Asistimos as sesións de contacontos organizadas polos departamentos de Extraescolares  e a Biblioteca. A nós tocounos "Antón e as follas"
 Para meternos en ambiente decoramos a clase con cabazas, morcegos e casas encantadas.
 A porta da clase quedounos de medo: