O pasado venres visitounos unha axente da Policía Local de Ames. A axente Cristina preparounos unhas presentacións en power point para falarnos aos alumnos de 6º de infantil de educación e seguridade viaria. Tratou da importancia de respetar as normas cando andamos polas beirarrúas como peóns ou como ciclistas, o xeito correcto de cruzar e andar polas calles, de xogar nas plazas e porqué é importante o uso do cinturón se imos no coche e dos cascos no caso de ir en bici....
Sobre todo Cristina quixo deixarlles claro que a Policía está para axudarnos se temos un problema e para coidarnos e protexernos. Os nenos asistiron
moi interesados e Cristina ensinoulles uns xogos da DXT e fíxolles
varias preguntas "a modo de examen".
Rematou dándolles unha sorpresa: un carnet de axudante da policía local. Con ese carnet poderían avisar aos que non cumplen as normas de seguridade viaria e recordarllas....
Rematou dándolles unha sorpresa: un carnet de axudante da policía local. Con ese carnet poderían avisar aos que non cumplen as normas de seguridade viaria e recordarllas....
Cando rematamos quixeron facerlle moitas preguntas, sobre todo referentes as ferramentas de traballo que levaba: pistolas, barras, esposas, guantes e placa. Quixeron saber o que facía a policía "cos malos", por qué tiñan números diferentes a súa placa e as nosas (Iván fixouse en tódos os números e comparounos).
GRAZAS CRISTINA POLA VISITA!
Chamoume a atención unha pregunta moi curiosa (ou non tanto) que incidía nos estereotipos de reparto de roles por sexo: "ERES DE VERDADE?". O que a fixo pensaba que o seu uniforme podía ser un disfraz, pero Cristina explicoulles moi ben que as nenas poden ser o que queiran.... Precisamente a este estereotipo corresponde un video que andaba estos días na rede falando da igualdade de xenero dentro dunha campaña que acaba de chegar a España ("Inspirando o futuro: equilibrando a balanza"). No video pídeselles a alumnos e alumnas de 6-7 anos que dibuxen un ciruxán, un bombeiro e un piloto de cazas e case todos debuxan homes. Entón reciben a visita de tres profesionais citados...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!