mércores, 22 de xuño de 2022

Casiñas para paxaros

 
Nos últimos días do cole a profe Sandra trouxonos unhas preciosas casiñas de madeira para paxaros. Os que quixeron apuntáronse a pintalas: uns fixeron a base, outros os tellados, unhas trepadoras e tamén lles pintaron folliñas. A nosa idea era colgalas nas árbores do patio para que os paxaros se metesen nelas nas vacacións pero non as demos rematado e quedarán para despois do verán. A ver si temos sorte!


 

 

martes, 21 de xuño de 2022

Pintando cos pinceis

 

Aquí estamos pintando cos pinceis, unha actividade que nos gusta moito. Primeiro cada un pintou no seu papel, e despois fixerono no papel continuo que extendín pola mesa. O tema foi libre e a pauta era compartir o papel contínuo sin mesturar as cores e sin interferir co que pintaban os demáis.


 

domingo, 19 de xuño de 2022

Pintando con tubos de cartón

 Na clase temos moitos tubos de cartón  e un día empregámolos para pintar seguindo a proposta de escoller todo tipo de elementos: paos, palliñas, esponxas, tubos, follas, cortezas... A idea era que escollesen unha cor e fosen enchendo con círculos un cadro bastante grande. O propósito era divertirse coa composición pero tamén, e o máis importante, aprender a respetar a intervención dos compañeiros. Non podían  interferir no que facían os outros e tiñan que aprender a respetar o espacio, pintando con coidado e orde. E tamén e o máis dificil de todo, traballar a paciencia e os tempos de espera. 

 

sábado, 18 de xuño de 2022

Día das letras galegas: as serpes . Florencio Delgado Gurriarán.



  Este ano o Día das Letras galegas adicouselle a Florencio Manuel Delgado Gurriarán. A proposta do Equipo de Normalización Linguística foi achegarnos á súa obra co poema "un dous tres, foxen da retorta SERPE...".
  Para elo díronnos unha CORDAS que debíamos transformar en SERPES para despois penduralas polo colexio. 


   

  A nosa serpe levou cintas adhesivas de cores e gomets que pegamos polo seu corpo, ollos feitos con bolas de porexpán e cascabeis na cola...






Despois, puxémola na entrada coas outras serpes de infantil

E saímos polo patio para ver as que colocaran os de primaria nas entradas e no balcón.

 
 ooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo
 ooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo

Gurriarán que naceu en Valdeorras no ano 1903 e finou en Fair Oaks (California) en 1987, foi un avogado e poeta galego que tivo que exiliarse pola guerra. En México fundou a revista Vieiros, a Fundación do Padroado da Cultura Galega, a Irmandade Galeguista e o Ateneo de Galicia. A súa obra está recollida nos libros Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963). 

luns, 6 de xuño de 2022

Mirando a través das lupas


  Como os bichos e cousas da clase xa as tíñamos algo vistas, saímos fora a observar animaliños e outros elementos naturais. Levamos as lupas e estivemos mirando a través delas. Unha experiencia de búsqueda, observación e conversación sobre o que ibamos atopando.


xoves, 2 de xuño de 2022

Celebrando o día do libro

 Para o pasado Día do libro participamos na proposta do Equipo da Biblioteca de de crear unha "maqueta" dun libro, con portada, lomo, título... Vimos como algúns libros que temos na clase teñen as páxinas cosidas e fixemos así a nosa "maqueta". Pero despois empregamos as fotos que nos enviastedes do coelliño de Pascua que fixemos na clase para montar unha historia das súas viaxes. Así os coelliños foron ás casas dos nenos, dos avós,  ao parque, estiveron na praia e no rio, andiveron en todoterreno, atoparon ovos de chocolate... e algúns viaxaron moi moi lonxe.

  Podedes ver os libros que fixeron os compañeiros de infantil premendo AQUÍ no blog da Biblioteca.  Pronto estarán tamén os de primaria que foron individuais. Impresionantes!. E todos estiveron expostos na Biblioteca.
(algunhas das fotos que mandastes)