Ames


*patrimonio de Ames*
*picade aquí*

      "O Concello de Ames acaba de crear un interesante  mapa turístico  con fichas de case 50  puntos de interese patrimonial. Contén datos para dar a coñecer a localización, a historia, as principais características artísticas e  ademáis teléfonos de contacto, correos electrónicos e páxinas web.
        As fichas conteñen información do estudo de patrimonio do Concello e fotografías do arquivo fotográfico elaborado polo fotógrafo Adolfo Enríquez. Podedes atopar todo isto na web municipal  premendo no banner mapa multimedia. Nesta páxina do Concello podemos localizar os principais elementos do patrimonio histórico, artístico e turístico de Ames."