sábado, 30 de novembro de 2013

O AUTOBÚS DA IMAXINACIÓN

"o bús


O AGASALLO ERA A CAIXA!

 Moitas veces buscamos materiais maravillosos ou xogos espectaculares, de esos que están deseñados  "para estimular a creatividade, a imaxinación e as dotes artísticas dos pequenos...". E moitas veces, esos materiais están ahí, envolvendo, empaquetando e protexendo outras cousas. Estos días chegaron ao cole unhas cuantas mesas novas  e viñan protexidas dentro dunhas enormes caixas de cartón que deseguida desataron a imaxinación dos pequenos: podíannos valer para meternos dentro, xogar as agachadas, para facer tvs, camas, casiñas, un coche...(dixeron de todo!). O primeiro que fixeron cando levei unha a clase foi meterse dentro... casi a reventaron porque todos querían entrar!. 
    Despois, como estamos a facer unha viaxe virtual por Galicia e outros puntos de España, decidimos facer un autobús no que nos meteríamos todos. Así que, para facelo con detalle, saimos fora para observar con atención os buses da parada: as ventás, portas, matrículas, espellos, parabrisas, retrovisores, o que teñen escrito nos laterais, os números etc...
     Con todos esos datos recollidos, puxémonos mans a obra: parecíamos un taller de automoción, pintando a carrocería, as rodas, as matrículas ... Logo motamos todo e pegamos as nosas fotos nas ventas. 
       E así roda o noso autobús da imaxinación!


sábado, 23 de novembro de 2013

PELUCHES SOLIDARIOS


   
http://www.fundacionronald.org/#
    Durante estos días estanse a levar a cabo no colexio varias campañas solidarias de recollida de alimentos e xoguetes e os pequenos participaron con moito interés. Xa vos contarei o resultado da campaña.  Na misma linea solidaria unha mamá pediume que vos comentara que a Fundación Ronald Macdonald este ano ten á venta uns peluches solidarios para recadar fondos para construir e ofrecer axuda e casas a familias de nenos hospitalizados con enfermedades de larga duración. Emma trouxonos os seus preciosos peluches solidarios (unha xirafa e un hipopotamo) para ensinarllos a todos e aquí vos poño un enlace coa páxina da Fundación para saber máis.



clica na páxina da fundación


martes, 19 de novembro de 2013

O MAGOSTO NA MAÍA

   
      No colexio fixemos a festa do Magosto e fomos a ver como asaban as castañas para despois comelas. Antes fixemos os cucuruchos e participamos nos xogos que nos organizou a profe Arancha en colaboración coas profes e algunhas nenas de primaria.
O que máis nos gustou foi ir de paseo o cole dos maiores: fomos pisando unha alfombra de follas douradas e dimos voltas por todo o patio, vimos como Vicente asaba as castañas (con moito traballo porque a leña estaba algo verde...) e logo comimos as que quixemos. En esta presentación vedes como o pasamos!


luns, 11 de novembro de 2013

RETRATOS CON FROITOS DO OUTONO

   No cole  estamos a facer os retratos dos Castañóns, elaborados a partir dos productos e froitos do outono que fomos xuntando estos días. Os de catro anos fixemos os nosos despois de ver varios cadros do pintor italiano Giuseppe Arcimboldo. Este artista fixo por encargo do rei Rodolfo II varias series de retratos empregando elementos naturais e dándolles aspecto "real". Tamén fixo varios cadros que cambiaban según o sentido no que os mirases. Nós partimos da observación da serie das 4 estacións (sobre todo "O outono")
    

  Seleccionamos e clasificamos todo, separando froitos secos de carnosos, escollendo cabazas, follas e pinas... logo fixemos grupos de catro para fomentar o traballo en equipo e comezamos a compoñer os retratos escollendo os elementos que nos gustaban máis. Cando conseguían rematar un retrato eu sacaba a foto e seguíamos facendo outros. Outra vez fixémolo por parellas  e así fomos conseguindo máis traballos. As fotos están na exposición dos castañóns da entrada do cole.

Clicade aquí para ver como o fixemos:

E estos son os retratos:

domingo, 10 de novembro de 2013

O SAMAÍN, OS MONSTROS E O MEDO

   Estos días, coa celebración do Samaín e as festas de Halloween en clase falamos das cabazas e das cousas que nos dan medo. A cada un dábanlle arrepíos diferentes cousas: as momias, as bruxas, os zombis, as serpes, os dinosauros, as formigas comenenos, os piratas-esqueletos e os lobos feroces... Como vedes hai de todo e bastantes cousas que están inspiradas nas películas que ven. E como curiosidade direi que aínda que os lobos feroces (que son os dos contos) danlles medo, sempre dín que tamén hai lobiños bós (os que teñen fillos aos que coidar e alimentar...) 

      Entre todos puxémonos a pensar un monstro: eu ía engadindo todo o que se lles ocurreu para que dixe moito medo: cabeza grande, ollos de diferente tamaño, cornos, cousas saíndo das orellas... e do narís, e moitos moitos dentes... eles correxían o que eu dibuxaba na pizarra e despois cada neno dibuxou o seu propio monstro. 
     E aquí tedes os terribles monstros do Samaín!

xoves, 7 de novembro de 2013

CABAZAS DIXITAIS...

    
    Andamos a practicar o uso do rato con varios xogos e este de pintar gustoulles moito xa que é do Samaín. Varios nenos pedíronme que llelo puxera "no blog deles".... e logo  máis queríano tamén "no seu blog da casa"... Así que este é o enlace, pero máis adiante irei engadindo  máis na páxina de xogos que se abre ao clicar na pestana de arriba.





domingo, 3 de novembro de 2013

FESTA DA COLLEITA NO OUTONO!

     Ao longo do Outono era a época da colleita de moitos froitos e tamén de hortalizas como as cabazas. Recollíase o millo, as castañas, facíase a vendima etc...A tempada da colleita remataba coa festa do Samaín unha celebración  agraria que sinalaba o final dunha estación. Esta tradición é de orixe celta (que hoxe moitos mesturan co Halloween dos zombies, vampiros e bruxas...pola influencia das películas) e nela empregábanse as cabazas decoradas para meter medo aos enemigos e aos mortos e pantasmas. Poñíanse nos cruces dos camiños por ser sitios de paso e nas portas das casas para protexelas... Bueno, en realidade o que poñían os celtas, espetadas en paus diante das casas, eran as caveiras cortadas dos seus enemigos e a tradición foi derivando ...

       Esta tempada na clase fixemos a nosa particular colleita: os nenos e as nenas traían a clase cabazas, millo, uvas, castañas, noces... e incluso a nosa conserxe nos trouxo millo de cores moi diferentes (cada vez quedan menos de esas fermosas e orixinais variedades). Eu levei a clase unha manchea de cabazas de formas e cores moi diferentes. Alvaro trouxo pipas da súa cabaza e, como xa  tiñamos máis na clase, plantamos algunhas no terrario e xa están medrando!

  
    Despois fixemos sesións de "trae e conta" nas que cada neno explicaba algo sobre o que traía. Logo fixemos tamén varias de "degustación" e comimos: uvas, laranxas, mandarinas... comparando e explicando sabores, texturas  e tamén olores.Tamén diferenciamos entre froitos secos e froitos carnosos e pronto comeremos as castañas cando celebremos o Magosto!
       En esta presentación vedes varios momentos de estas sesión de "trae e conta" e tamén como rematamos indo a ver a exposición do samaín que fixeron nas casas: cabazas decoradas con moita arte, reloxos, bonecas de milllo, colares, aneis, animaliños de xoguete...un sinfín de traballos moi creativos. MOITAS GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN! (as fotos da exposición de infantil e primaria estarán pronto no blog da Biblioteca)

sábado, 2 de novembro de 2013

PINTANDO HORTENSIAS NO OUTONO

   No outono vemos moitas cousas que cambian de cor: as follas, as árbores, o ceo... e entre todo eso tamén as hortensias do xardín, que antes foron azuis e agora están aviñadas. Trouxen a clase unha manchea de flores (en realidade, as verdadeiras flores da hortensia son unha cousa pequeniña agochada detrás destas falsas flores) e despois de tocalas e observalas detidamente puxémonos a pintar cada un a nosa hortensia de papel. Escollimos as cores máis axeitadas e coa punta do dedo comezamos o traballo: levounos bastante tempo, xa que fomos aos poucos intentando conseguir a mestura máis real e bonita.
  En esta presentación vedes o proceso: como pintamos coa punta do dedo e como despois intentamos darlle ese tono aviñado e seco coas  mesturas.

  • O PROCESO