"o bús |
O AGASALLO ERA A CAIXA!
Moitas veces buscamos materiais maravillosos ou xogos espectaculares, de esos que están deseñados "para estimular a creatividade, a imaxinación e as dotes artísticas dos pequenos...". E moitas veces, esos materiais están ahí, envolvendo, empaquetando e protexendo outras cousas. Estos días chegaron ao cole unhas cuantas mesas novas e viñan protexidas dentro dunhas enormes caixas de cartón que deseguida desataron a imaxinación dos pequenos: podíannos valer para meternos dentro, xogar as agachadas, para facer tvs, camas, casiñas, un coche...(dixeron de todo!). O primeiro que fixeron cando levei unha a clase foi meterse dentro... casi a reventaron porque todos querían entrar!.
Despois, como estamos a facer unha viaxe virtual por Galicia e outros puntos de España, decidimos facer un autobús no que nos meteríamos todos. Así que, para facelo con detalle, saimos fora para observar con atención os buses da parada: as ventás, portas, matrículas, espellos, parabrisas, retrovisores, o que teñen escrito nos laterais, os números etc...
Con todos esos datos recollidos, puxémonos mans a obra: parecíamos un taller de automoción, pintando a carrocería, as rodas, as matrículas ... Logo motamos todo e pegamos as nosas fotos nas ventas.
E así roda o noso autobús da imaxinación!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!