No outono vemos moitas cousas que cambian de cor: as follas, as árbores, o ceo... e entre todo eso tamén as hortensias do xardín, que antes foron azuis e agora están aviñadas. Trouxen a clase unha manchea de flores (en realidade, as verdadeiras flores da hortensia son unha cousa pequeniña agochada detrás destas falsas flores) e despois de tocalas e observalas detidamente puxémonos a pintar cada un a nosa hortensia de papel. Escollimos as cores máis axeitadas e coa punta do dedo comezamos o traballo: levounos bastante tempo, xa que fomos aos poucos intentando conseguir a mestura máis real e bonita.
En esta presentación vedes o proceso: como pintamos coa punta do dedo e como despois intentamos darlle ese tono aviñado e seco coas mesturas.
- O PROCESO
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!