xoves, 26 de novembro de 2015

Experiencia: imáns


   Os nenos teñen unha enorme curiosidade por coñecer o mundo que os rodea están na idade na que todo son preguntas: por qué esto? por qué o outro?. Moitos xoguetes xeran neles o interés por saber cómo funcionan, este é o caso dunha caixa de imáns que temos. Sempre a usaron como un xogo, empatando pezas para construir estructuras e vendo que por un lado se atraen e por outro se repelen...     
      Pero esta vez propúsenlles unha experiencia práctica: ver si podían sacar dun bote os anacos de limpapipas de cor (que teñen un centro metálico) sin meter as máns dentro.
 

     Estiveron probando e conseguirono unindo unhas pezas con outras ata ter unha máis longa que chegaba ao fondo. Despois estivemos comprobando pola clase as cousas que quedaban "pegadas" nos imáns e as que non. 

mércores, 25 de novembro de 2015

Cantacontos con Luis Vallecillo

   Os pequenos de infantil tivemos unha divertida sorpresa co  músico, poeta e CANTACONTOS Luis Vallecillo que nos fixo dúas sesións con  divertidas cancións en galego cun aire de rock e blues acompañado da súa guitarra. Na nosa sesión cantounos a "historia dos tres porquiños", "as pantasmiñas", "Xan sin medo", "xoguetes populares" e "saímos amodiño"... Repetiron os retrousos, bailaron, cantaron e pasámolo moi ben!...

           Na web do cole podedes ver o video con máis fotos e as cancións  clicando AQUÍ
o cantacontos!
baixando á Biblioteca
 
 O público

mércores, 18 de novembro de 2015

O magosto

   O pasado martes 10 celebramos o primeiro magosto ao que asistiron os vosos fillos no cole. Seguro que xa volo contaron!. Cada neno levou o seu cucurucho e alá foron a comer castañas. Póñovos AQUÍ O ENLACE COA WEB DO COLE para que poidades ver como foi a xornada. 

luns, 9 de novembro de 2015

cabazas decoradas para o Samaín

      Os nenos e as nenas de clase ensináronlles aos seus compañeiros as cabazas para o Samaín que fixeron na casa con seus pais.     Estas son algunhas das cabazas. 

     Antes de que comenzara o Samaín, cando estabamos falando do Outono, leveilles aos nenos  unhas cuantas cabazas de moi diferentes formas que despois quedaron  pola clase. Observamos as cores e texturas tan diferentes que tiñan e mesturamos témperas para pintar as nosas.

  
   Coas cabazas talladas feitas con papá e mamá para a exposición do Samaín do colexio, fixemos unha sesión de "trae e conta" e explicáronlles aos compañeiros como e con qué estaban feitas....



















              Neste video están as fotos.    Moitas grazas pola vosa colaboración ! 


mércores, 4 de novembro de 2015

Samaín e cabazas!

   Polo Samaín a tradición mandaba decorar cabazas e poñelas nos cruces dos camiños para meter medo. A intención era lembrar aos mortos que se supoñía ían polos camiños no mes de Santos, pero esta tradición, mestura de cristiá e pagá, acabou invadida por unha festa foránea. Na súa orixe, que é europea e non americana, viña dun costume máis antigo dos pobos celtas que consistía en espetar as cabezas dos enemigos vencidos na batalla na entrada dos pobos vencedores...    
          Como se supón que os pobos van evolucionando (aínda que ás veces vendo como vai o mundo  teño as miñas dúbidas...) ese costume de cortar cranios acabou derivando en poñer cabazas: onde vai parar! Máis divertido e mancha menos! 
 

   
      
          Pintamos con témpera as cabazas, facendo a mestura con vermello e amarelo para que visen como aparecía  a cor laranxa que precisábamos. Cada un fixo a súa mestura e por eso cada cabaza ten unha cor diferente. Cando secaron puxémoslle ollos e pintaron narices e bocas, incluso barbas e bigotes... 
Neste video están as as cabazas que pintamos.
Noutra entrada porei fotos das cabazas que fixestes cos vosos nenos. Estaban encantados!

martes, 3 de novembro de 2015

Probando area cinética

    A area é un material que fai disfrutar aos pequenos: con ela poden amasar, moldear, trasvasar, pesar...  É ideal para desenvolver as habilidades motoras finas e  sensoriais... E ten o aquel de que lles recorda o verán, a praia ... e eso engádelle un valor de relaxación moi importante. Pero co noso clima temos un problema e fai moitos días que non pisamos o patio de area e vémonos na obriga  de facer o recreo no porche. 
 
   Así que buscamos un sustituto moi interesante: unha area especial que se chama area cinética e que ven de Suecia. Tén un 98% de area  na súa composición é un misterioso 2% que lle dá esa textura especial que nos sorprendeu cando a usamos...
    (Nós xa a coñecíamos e o curso pasado intentamos fabricala probando diversos ingredientes, entre eles a maicena. Saleunos aréa de lúa que é outra versión máis húmeda, pero esta tiña data de caducidade...   Seguiremos probando a ver cal é ese misterioso 2%!)

Aquí podedes ver o ben que o pasamos cando a probamos! 

domingo, 1 de novembro de 2015

Clasificando por cores

Unha das actividades que realizamos na clase para desenvolver a competencia matemática  é traballar coas cores. Cos bloques de madeira que temos, botámolos todos na alfombra e puxémonos a clasificalos segundo a súa cor, por turno e seguindo diferentes instruccións, desde as máis sinxelas de coller un bloque da cor que se lle indica, ata as máis complicadas con ordenes como "colle 1 bloque amarelo, 2 verdes e 1 azul"... 


    Así, estivemos clasificando todos os bloques  e, con algúns nenos, xa engadimos a complicación das formas xeométricas... Despois remexémolas todas e intentamos poñer as distintas pezas de cada cor nunha mesa diferente... aínda que esta tarefa foi máis complicada porque non se daban posto de acordo en cal era a mesa de cada cor: uns colocaban e outros recolocaban... Pero de eso se trataba: de ser capaces de colaborar para levar a cabo un mesmo traballo.