A area é un material que fai disfrutar aos pequenos: con ela poden amasar, moldear, trasvasar, pesar... É ideal para desenvolver as habilidades motoras finas e
sensoriais... E ten o aquel de que lles recorda o verán, a praia ... e eso engádelle un valor de relaxación moi importante. Pero co noso clima temos un problema e fai moitos días que non pisamos o patio de area e vémonos na obriga de facer o recreo no porche.
Así que buscamos un sustituto moi interesante: unha area especial que se chama area cinética e que ven de Suecia. Tén un 98% de area na súa composición é un misterioso 2% que lle dá esa textura especial que nos sorprendeu cando a usamos...
(Nós xa a coñecíamos e o curso pasado intentamos fabricala probando diversos ingredientes, entre eles a maicena. Saleunos aréa de lúa que é outra versión máis húmeda, pero esta tiña data de caducidade... Seguiremos probando a ver cal é ese misterioso 2%!)
Aquí podedes ver o ben que o pasamos cando a probamos!
Pero que chulas quedaron esas calabazas tan bien pintadas.......y la experiencia con la arena genial,ahora sólo falta que la arena del patio se quede allí.... Jajajaja.
ResponderEliminarGracias polo comentario. A verdade é que as cabazas quedáronlles moi bonitas e a experiencia coa area cinética foi moi interesante: tan suave e limpa e que non se pega.... En canto á do patio jeje... que lle imos facer, pouco a pouco vemos como vai minguando... E mira que saímos do areiro petando nos zapatos como descosidos jeje
Eliminar