domingo, 29 de outubro de 2017

Xogos, arte, marmelos e experiencias en outubro


  Durante este mes fixemos varias experiencias. Unha delas foi gastronómico matemática. Resulta que Leo trouxo para compartir un anaco de doce de marmelo que fixo súa nai. (Moitas gracias Cristina: estaba delicioso!). Convertímolo nun problema matemático cortando o marmelo en mitades: tiñan que ir calculando cantos cortes precisabamos para que todos o puderan probar. E sí, ao final deu para todos. Despois lembramos ao pintor Antonio López que tiña no seu xardín unha árbore de marmelos e os pintaba.... e nós fixemos o mesmo.
   Falamos da importancia da auga para os seres vivos: xa comprobamos que a bandexa con cesped e o boniato que tiñamos na ventá estaban secos. Ninguén os regara, claro. (Desde que volvemos e o regamos, o boniato brotou de novo e mide case un metro). Eu mostreilles unha bola que levaba na caixa de materiais da natureza desde que eran pequenos. Curiosamente non lle deran importancia porque pensaban que eran paos secos.... Cando lles dixen que era unha planta viva (unha rosa do deserto) non o creían.  Formularon moitas hipótesis (a base da ciencia) sobre o que podía pasarlle si lle dábamos auga. Metémola  nunha xerra para comprobalo: primeiro flotou sin que lle pasase nada e logo foise abrindo e afundindo ao longo da mañán.... Pode vivir anos aparentemente morta e revivir  coa auga... Aquí levaba tres anos completamente seca!
 Como estamos a traballar a recta numérica, un día convertímonos en números e xogamos a colocarnos en orden ascendente e descendente e  ver quen levaba o anterior e quen o posterior....


venres, 27 de outubro de 2017

Festival de maxia no cole con Roberto e Pedro

   Este luns tivo lugar no noso centro un espectáculo de maxia a cargo dos magos Roberto Lolo e Pedro BugarínÉra unha das actividades do XII Festival de Maxia de Ames que está organizado polo Concello de Ames coa colaboración da Deputación e da Axencia Galega de Industrias Culturais.
     Roberto e Pedro comenzaron as 9.30 con dúas sesións: unha para cinco anos e outra para os de catro e tres na sala de psicomotricidade do edificio de infantil e despois do recreo no salón da Biblioteca para os alumnos de primaria. 

      E nós pasámolo xenial con libros en blanco que encheron de animais e de cores, cartas máxicas e botellas que aparecían e desaparecían. Ademáis, pediron voluntarios e saleu Zoe que bailou e fixoo fantástico como axudante de Roberto!

   Cando volvimos a clase fixemos debuxos dos trucos que máis nos gustaron. 


Nesta montaxe tedes algunhas fotos e debuxos do espectáculo de maxia. 




martes, 24 de outubro de 2017

Recomendacións para o Día das Bibliotecas escolares

  Fai uns días chegounos un recado de Leodoro, o trasno das Biblioteca, que nos pedía participar nunha actividade para o día das Bibliotecas escolares: tíñamos que escoller un libro e deseñar unha nova portada para recomendarllo aos compañeiros e despois expoñelo na Biblioteca.
Agora todas as portadas de infantil e primaria están na Biblioteca e podedes velas premendo neste enlace +
     Fixemos unha votación e, entre os que se contan na clase, escollimos o de "Lobo valiente". En formato A3 e soporte de cartón pluma, cada un fixo un anaco da portada (...un traballo de miniaturistas!) e montámola tipo collage.



 Pero cando a rematamos resultou que poucos compañeiros do centro coñecían o conto e propúxenlles facer outro  dos votados. Saleu  "A cousa que máis doe do mundo" que tamén nos gusta moito. Está cheo de personaxes e animais que  sempre que o contamos nos fan reflexionar sobre a importancia do que decimos. Aparte de ter unha  parte escatolóxica que lles é moi divertida...

   Así que estas son as nosas recomendacións: un coa portada totalmente inventada por eles e outro no que traballamos sobre a portada orixinal do libro.