martes, 24 de outubro de 2017

Recomendacións para o Día das Bibliotecas escolares

  Fai uns días chegounos un recado de Leodoro, o trasno das Biblioteca, que nos pedía participar nunha actividade para o día das Bibliotecas escolares: tíñamos que escoller un libro e deseñar unha nova portada para recomendarllo aos compañeiros e despois expoñelo na Biblioteca.
Agora todas as portadas de infantil e primaria están na Biblioteca e podedes velas premendo neste enlace +
     Fixemos unha votación e, entre os que se contan na clase, escollimos o de "Lobo valiente". En formato A3 e soporte de cartón pluma, cada un fixo un anaco da portada (...un traballo de miniaturistas!) e montámola tipo collage.



 Pero cando a rematamos resultou que poucos compañeiros do centro coñecían o conto e propúxenlles facer outro  dos votados. Saleu  "A cousa que máis doe do mundo" que tamén nos gusta moito. Está cheo de personaxes e animais que  sempre que o contamos nos fan reflexionar sobre a importancia do que decimos. Aparte de ter unha  parte escatolóxica que lles é moi divertida...

   Así que estas son as nosas recomendacións: un coa portada totalmente inventada por eles e outro no que traballamos sobre a portada orixinal do libro.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!