Vacacións e tempo libre



Remata este primeiro ano da escolaridade dos vosos fillos e fillas e na escola, ao mesmo tempo que intentamos que adquiran coñecementos, intentamos transmitirlles curiosidade,  respeto polas cousas que os rodean, polo coñecemento, polo traballo e  polos demais… e todo eso non cabe nunha ficha, intentamos que o leven posto na cabeza e no corazón. 

 Como  non me gustan as despedidas voltaremos en setembro, despois das súas primeiras  vacacións. Para os pequenos, que perciben o tempo de xeito diferente a nós, son só dúas follas que arrancar no calendario. E non se despiden xa que moitos van a continuar vendo aos compañeiros, nas tardes divertidas ou no “sitio lúdico” como dín os máis grandes. Ao mesmo tempo os adultos  pregúntanse que pode facer no verán? Necesita reforzo? Ten deberes?

Para os pequenos as vacacións deberían ser o que foron para nós:  un longo tempo libre, de lecer, de disfrutar coa familia, sin ter todo organizado e programado. Un tempo que lles permita incluso ter tempo para aburrirse, para pensar, para non facer nada, que lles permita ceibar a imaxinación, xa que de ahí é de donde emerxe a creatividade.   Preocupámonos  cando lles escoitan aos pequenos decir "abúrrome" e deseguida pensamos que algo se está a facer mal (na casa,  no cole, nas tardes divertidas…) e alá imos a encher de actividades todo o seu horario sin deixarlles un  “tempo libre  de verdade”, que sería o que lles permitiría desenvolver a creatividade, a espontaneidade, o libre albedrio, o que fará que sexan persoas diferentes,  exclusivas e  únicas, capaces de pensar por si mismas. Temos que sementar en eles a curiosidade e  a  duda,  para que sexan capaces de pensar na solución  as preguntas.  Se sempre lles damos a solución e as respostas de todo, non precisarán esforzarse por buscalas, non verán a necesidade de esforzarse:  se o teñen todo feito, organizado e pensado, para qué van precisar facelo por si mesmos?.  Se llo damos todo pensado, para qué van precisar pensar por si mesmos?. Si os organizamos sempre, nunca serán capaces de organizarse por si mesmos… Para que sexan autónomos temos que darles autonomía, para que sexan libres temos que darles liberdade e para que pensen temos que deixarlles facelo por si mesmos.  
          

Esta é a etapa dos inagotables como? porqué? cando? onde?. Deberíamos cambiar algo no sistema para ter tempo para “perdelo” con eles, e sobre todo ter tempo, de pararnos a buscar con eles a resposta  a esas preguntas, tempo para deixarlles sentir esa curiosidade  que nos permiteu chegar aquí como seres humanos.  Hoxe, polas propias circunstancias da nosa sociedade, das prisas, do tempo limitado organizado e tasado, é triste ver que non lles deixamos tempo a desenvolver todo o seu potencial, a súa creatividade… Podemos coidalos, querelos, educalos… pero o máis importante que lles podemos dar e o noso tempo, o seu tempo, sen prisas,  un tempo de calidade. Tempo para medrar, para xogar, para pensar e crear, para aprender a vivir.


Por todo eso démoslles en estas vacacións o máis importante que lles podemos dar: o noso tempo. Disfrutade con eles e que teñades un bo verán. Vémonos en setembro.
.   



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: a túa opinión conta!