xoves, 30 de decembro de 2010

FELIZ ANO 2011

Ola de novo a todas e todos:

     Antes de que remate o ano  quérovos mostrar, por se non a vistes, a Árbore de Nadal que decora coma outros anos a entrada do noso cole. Este ano ten unha peculiariedade: cando rematamos de armala (a árbore...) foron eles os que me axudaron  a escoller e poñer os adornos para colgar. O que non había maneira era de aguantar a estrela dereita...!
     O adorno das bolas indicáballe a nosa porta a Papá Noel e debaixo deixámoslle un calcetín... por si acaso se pasa polo cole! Non vaia ser !

      Con esta última entrada do ano , deséxovos un bó remate de ano e un próspero  2011 e vémonos en xaneiro! Bicos aos nenos! 
     


CURIOSIDADE  HISTÓRICA : "... TIRANDO DE WIKIPEDIA"
    A árbore de Nadal é unha árbore decorativa, típica da festa de Nadal. Tradicionalmente adoita empregarse unha conífera de folla perenne. Dise que a árbore, adornado e venerado polos druidas de Europa central, cuxas crenzas viraban ao redor da sacralización de todos os elementos da natureza. Estes pobos celebraban o aniversario dun dos seus deuses adornando unha árbore perenne, coincidindo en proximidade coa data do Nadal cristián.

    A árbore tiña o nome de Divino Igdrasil (simbolizaba a árbore do Universo), en cuxa copa achabase o ceo, Asgard e o Valhalla; mentres que nas raíces profundas atopábase o reino dos mortos e o inferno. Cando coa evangelización os primeiros cristiáns chegaron ao norte de Europa , descubriron que os seus habitantes celebraban o nacemento do deus do Sol e a fertilidade, adornando unha árbore perenne, na data próxima ao Nadal cristián.   Posteriormente deses pobos, os cristiáns tomaron a idea da árbore, para celebrar o nacemento de Cristo, pero cambiándolle totalmente o significado.

     Dise que san Bonifacio (680-754), evanxelizador de Alemaña, tomou un machada e cortou unha árbore que representaba ao Ygdrasil , e no seu lugar plantou un piñeiro, que por ser perenne, simbolizou o amor de Deus, adornándoo con mazás e velas. As mazás simbolizaban o pecado orixinal e as tentacións, mentres que as velas representaban a luz de Xesucristo como luz do mundo. Conforme pasou o tempo, as mazás e as luces, transformáronse en bolas e outros adornos.

      Despois agregouse a tradición de pór agasallos para os nenos baixo a árbore, enviados polos Reis Magos, Olentzero ou Papá Noel dependendo a lenda da rexión onde se atope.

A árbore de Nadal en Europa 

     É posible que a primeira árbore de Nadal, como o coñecemos na actualidade, se rexístrase en Alemaña onde se implantou por primeira vez en 1605 para ambientar o frío do Nadal, comezando así a súa difusión. O costume de adornar a árbore do Nadal nos fogares españois foi traída no ano 1870 por unha muller de orixe rusa, que logo de enviudar do duque de Morny, irmán de Napoleón, contraeu segundas nupcias co aristocrata español Pepe Osorio, un dos maiores promotores da Restauración Borbónica que permitiu a Afonso XII reinar.
Por iso, parece ser que a primeira vez que se colocou unha árbore do Nadal en España foi en Madrid durante os Nadais do ano 1870, no palacio de devanditos nobres, no Paseo do Prado.

QUE FRIO.....XOGAMOS CON XEO

Ola de novo:

     Esta foi outra experiencia que fixemos na clase para que a través do xogo os nenos coñezan o ciclo da auga e a súa importancia : realizouse en varias fases porque  había varios  nenos enfermos.

     Na primeira experiencia o que fixemos foi coller unha das botellas con auga de cores que temos nas ventás e metela no conxelador. Deixamos pasar tres días e sacámola convertida nun cubiño xigante de xeo rosa . Tocámolo todos e deixámolo nunha bandexa no chan para ir vendo o proceso de desconxelación ao longo da máñá, sacandolle fotos a cada rato. Cando volvimos ó día seguinte só tiñamos un bonito charquiño rosa... 



     

 Na segunda experiencia o que fixemos foi coller vasiños  de plástico e enchelos de diversos materiais que tíñamos pola clase : animais de plástico, pinturas, purpurina, arroz (caducado), palliñas e espumillón (por aquelo de que estamos en Nadal e o tíñamos á man ). Despois botámoslle auga e pudemos comprobar os materiais que flotaban, os que se afundían, os que se mesturaban... finalmente metémolos no conxelador e esperamos impacientes a que rematase o proceso de conxelación.

                                                                                 


      Cando pasaron os días e rematou o proceso de conxelación dos cubiños de cores co noso nome, sacamolos do conxelador. Cada un estaba máis bonito e curioso que os outros: o arroz afundírase, as pallas flotaran, o espumillón estaba por todo o cubiño, a purpurina e a pintura mesturadas de xeitos diferentes en cada vaso, os animais de plástico escapando dos cubiños... Tamén fixeramos cubiños só de auga, tránsparentes pero con burbullas de aire conxeladas facendo raias, como querendo fuxir... Logo xogamos con eles pola mesa, comprobamos como se deslizaban, o fríos que estaban (non hai máis que ver algunha cariña) e vimos o inicio do proceso de desconxelación.              
     Deixámolos nunha bandexa toda a máñán  e esperamos, para ir vendo como pouco a pouco se ían desfacendo e mesturando. Bueeeeno: a mestura foi un pouco acelarada polos que ó final meteron as máns para remexelos ...



      Finalmente repetiron a experiencia os nenos que non estiveran nos días anteriores e os demais estivemos de observadores... e comentaristas!

                                                                                   
                                                                                   



O BONECO DE NEVE

    Cando estábamos facendo estos experimentos a profe María da clase de enfrente, avisoume dun bonito conto que atopou na rede sobre o ciclo da auga e que tamén fala da amizade a pesar do paso do tempo e dos cambios que provoca. É a historia duns copos de neve que un neno convirte en boneco de neve e o que lle pasa á auga ao longo das estacións, fala da tristura da perda e da ledicia do reencontro. E de paso ¡fala da evaporación! Con eso xa podedes ir vendo cal será a seguinte experiencia que imos realizar  cando volvamos a clase...



UNHA DE CARACOLES...

Ola a todos e todas de novo:

      Aínda que estamos de vacacións, acabo de lembrar que non vos ensinei a experiencia que fixemos cos caracois na clase. Cando estábamos a falar do Outono, dos cambios e das cousas, animais e fenómenos climatolóxicos que ocurren nese tempo, démonos conta de que en moitos libros falan dos caracois (unha foto e ... interminables filas de espirais para repasar...). E, claro, como na clase temos unha tartaruga, pensamos que tamén podíamos ter caracois nunha caixa e eu dixenlles que bueno ¿por qué non?. Encantoume a idea xa que eu aproveitaba para traballar as espirais (que están no currículo de expresión matemática), coñeceríamos como son, como se moven e alimentan animais do noso entorno (coñecemento do medio), falaríamos e falaríamos dos caracois (expresión oral), teríamos coidado deles (respeto polo medio ambiente), pintaríamos e faríamos caracois de cores e plastilina (expresión artística), cantaríamos cancións de caracois (expresión musical) ... e mentras eles  je,je, estarían pensando que só xogaban cos caracois.

    

        Así que  puxémonos máns á obra, pero xurdeu o primeiro inconvinte ¡no patio non había ningún! e varios dixeron que os traían eles, que tiñan moitos no xardín... pero foron pasando os días, enredamos con outros temas, e os caracois non chegaban. Algún decía que os mercase, que onde se vendían... Así que fun buscalos eu ... ¡¡¡nada!!! ... non había caracois por ningures, estarían agochados polo frío... Finalmente despois de rebuscar por todo o xardín atopei seis caracois pequerrechiños entre os buxos e leveinos á clase...

Menuda historia , ¡nin que fóramos ver bichos a un zoo!

     Os caracois andiveron nun bote por todalas mans, "correron" polo encerado, polas mesas e finalmente deixámolos tranquiliños ¡e vivos! na súa caixa de cristal ! O que máis lles intrigou é ¿porque si os caracois teñen os ollos nos extremos dos cornos, en casi tódolos dibuxos de caracois en libros para nenos,os ollos están dibuxados noutra parte do corpo?. Como podedes ver os nenos son pequenos, pero son observadores e a observación e  a experimentación son a base da Ciencia .... aínda que os científicos só teñan catro anos. (Agora sí que todos teñen catro: ¡felicidades Tiago, xa tes catro!)

 Esto foi o que pasou:


    O curioso é o que nos van dar de sí os caracois, hai tantas cousas interesantes sobre eles.. ¡¡¡xa vos contaremos á volta das vacacións!!!

     Bueno... primeiro teremos que atopalos, porque  quedounos a caixa aberta e  fuxiron pola clase. Despois dunha INTENSA BUSCA  ¡¡¡atopamos tres!!! Pero non hai problema :teñen comida abondo... seguro que cando volvamos están máis gordechiños!!!

xoves, 16 de decembro de 2010

LOS CALZONCILLOS DE PAPÁ NOEL

Picture Captions




  OLA A TODOS:
    COMO XA ESTAMOS "ALGO"  METIDOS  NO AMBIENTE NAVIDEÑO, ESTA É UNHA SIMPÁTICA  PANXOLIÑA QUE ESCOITAMOS EN CLASE E QUE ME PEDIRON QUE COLGASE AQUÍ, PARA PODER ESCOITALA NA CASA.
ESPERO QUE VOS GUSTE.

xoves, 9 de decembro de 2010

"BICHOSHOJA" Y "NIÑOSHOJA"











Ola  a todos e todas :

       Este é un power point que fixemos cando traballamos coas follas. Inventaron moitos bichos e despois tamén fixeron nenos e nenas coas follas que atopabamos no patio e outras que foron traendo á clase. Despois puxémoslle nome á colección e decidimos que eran  "bichoshoja"  y "niñoshoja".

       Como podedes ver é fantástico o poder da imaxinación e sobre todo ter ollos de neno para poder velo mundo que lles rodea con esa capacidade de crear cousas a partir dunha folla tirada no patio...

       ...por suposto non podíamos usar tódalas follas que levaban á clase... un montón das que collían estaban cheas de lama, rotas, enrugadas, molladas, aplastadas, pegañentas ... eso si collidas con moito cariño. Si vos lembrades, foron esos días que levaban as mochilas cheas de follas ... ¡para mámá!... e ¡tamén para papá! 


luns, 6 de decembro de 2010

DIA DA FROITA

Picture Captions

     Quería darvos as gracias por  colaborar co DÍA DA FROITA que facemos tódolos venres. Os nenos xa asocian ese día coa froita. Estamos a diferenciar froitos de distintos tipos, secos, carnosos, de tempada así como hortalizas. Tamén cos zumes estamos a ver cales teñen máis vitaminas e como se chaman e estamos mirando o que poñen nas etiquetas : o nome, a data de caducidade, as vitaminas etc...



OLLOS DE PINTOR



 
      


                  Despois  ... cambiamos de idea  e collimos  as témperas e volvimos discutir (chámase reflexión artística...)  por quen repartía, polo tamaño dos pinceis, polas cores e... finalmente puxémonos a pintar. Este foi o resultado ....



venres, 3 de decembro de 2010

VISITAMOS O COLE DOS MAIORES

Ola de novo a todos e todas :

     Aquí estamos outra vez para contarvos a visita que fixemos fai uns días ao cole dos maiores. Trátase de que os nenos coñezan as diferentes instalacións e departamentos do cole para que se manexen nel con soltura. Nesta ocasión fomos ver cómo chegar ao ximnasio . Despois dar  voltas por alí e dar con el , de pronto escoitamos un forte ruido, coma un ruxe-ruxe e puxémonos a escoitar a través das paredes. Ao principio, como viron auga no chan, a maioría pensaba que podía ser un río subterráneo (algúns tamén dixeron que podía ser un volcán ou un león ...e cousiñas así...). Hai que ter en conta que os nenos desta idade aínda viven inmersos nunha realidade que está composta tanto de elementos reais como máxicos. Así que nos puxemos a observar... e fixemos un percorrido que nos levou a atopar unhas tuberías e o depósito de combustible. Despois estuvemos falando das caldeiras, dos combustibles , da calefacción e do seu funcionamento... e tamén de como chega as clases.
     Un dos obxectivos da educación infantil é que coñezan o seu entorno. Partimos dos seus coñecementos previos para analizar as cousas que observamos arredor noso e intentamos que saquen conclusións razonadas usando a lóxica e que despois  sexan capaces de expresalas de xeito ordenado.

Observar.....
                           analizar.....
                                                     razonar.....
                                                                              pensar.....
                                                                                                    expresar .....

                                                                                          ......   COÑECER

 
e no medio de todo... só estivemos xogando e dando unha volta polo patio... aquí está o resultado da nosa investigación: