Quería darvos as gracias por colaborar co DÍA DA FROITA que facemos tódolos venres. Os nenos xa asocian ese día coa froita. Estamos a diferenciar froitos de distintos tipos, secos, carnosos, de tempada así como hortalizas. Tamén cos zumes estamos a ver cales teñen máis vitaminas e como se chaman e estamos mirando o que poñen nas etiquetas : o nome, a data de caducidade, as vitaminas etc...