domingo, 21 de decembro de 2014

CENTROS DE NADAL E CHOCOLATADA

  Con materiais que tiñamos pola clase (sementes de camelias, froitos de liquidambar, landras, musgo seco, bolas de porexpán, limpapipas e plásticos de cores) e outros que merquei (cogumelos, velas, laciños...) fixemos un centro de mesa para levar a casa e prender na cea de Noiteboa con toda a familia e lembrarnos dos compañeiros de clase. Primeiro pegamos con alkil espuma de florista nun plato, cubrímola con musgo e deixámolo secar dous días. Despois espetámoslle as bolas de porexpán que previamente pintáramos de vermello, colocamos  as sementes pintadas de dourado, engadímoslle as formas que eles compuxeron con dóas de plástico e que eu planchei, colocaron limpapipas vermellos, verdes e dourados e de remate púxenlle as velas. Un toque de espray para dorar o musgo e logo pedíronme un chisco de neve... e listo. Estaban encantados  co resultado!
premer AQUÍ  para ver os artistas e os seus centros
   O xoves fomos ver na Biblioteca unha obra de teatro representada polos nenos de 3º de primaria  e tivemos visita sorpresa dos REIS MAGOS que nos deron caramelos e o último día en todo o cole tivemos festa: CHOCOLATADA CON CHURROS, tamén comimos un panetone que nos mandou Vanesa a nai de Ana, bailamos, escoitamos villancicos, tivemos visita de exalumnos que están xa no instituto... e rematamos levando os traballos a casa. (porei fotos na seguinte entrada)
 

POSTAIS E DEBUXOS DE NADAL

     DEIXAMOSLLE UNHA CHEMINEA  PREPARADA A PAPÁ NOEL .... POR SI ACASO!.
 FOI IDEA DE LYA SACAR AS FOTOS SENTADOS DIANTE. E TAMÉN ESTÁN AS FELICITACIÓNS COAS FOTOS QUE FIXEMOS NA PORTA DE CLASE COA ARBORE E O CORRAL DOS RENOS.


PREMER AQUÍ PARA VER AS POSTAIS QUE FIXEMOS PARA MAMÁ E PAPÁ
  NESTE VIDEO PÚXENVOS OS DEBUXOS  PARA AS PORTADAS DOS LIBROS E AS CARPETAS DOS TRABALLOS DO 1º TRIMESTRE.

Mirando a Joan Miró


 Nas aulas de educación infantil moitas veces traballamos con obras de Joan Miró pola aparente simplicidade, orixinalidade e sinxeleza nas formas que realiza e o uso de cores… Todos estos  aspectos están moi relacionados coa forma de representación infantil. Entre outras cousas, Joan Mirou utilizaba brillantes cores, especialmente o azul, vermello, amarelo, verde e negro.
  Tamén una das razóns polas que eliximos a este artista, é principalmente porque á agora de pintar baséase na imaxinación e nos soños, é dicir, é un dos maiores representantes de surrealismo.  Á hora de pintar, debuxar e crear é un artista que dá renda solta á imaxinación. É de mente libre. A mente dun neno funciona nestas edades de forma moi semellante: mentes libres, imaxinativas e sen medo a experimentar.  Despois de observar e comentar algunas das súas obras, deilles aos nenos 5 botes con témpera verde, amarela, azul, vermella e añil e ao rematar todos tiñan que engadir algúnha liña en negro.  Só lles pedín que non mesturasen as cores e que empregaran un trazo diferente para cada cor. Este foi o resultado…
premede AQUÍ para ver os nosos "MIRÓS"




MANDALAS NA EDUCACIÓN INFANTIL



    Este trimestre estivemos traballando varias formas de arte xeométrica. Por iso realizamos  MANDALAS, xa que nos permiten traballar  contidos básicos de Infantil e Primaria entre os que destacarían os de xeometría, grafomotricidad ou linguaxe artística… Entre outros efectos beneficiosos, colorear ou crear mandalas estimula a concentración, a atención e a memoria, axúdanos a construír unha imaxe positiva de nós mesmos, favorece a creatividade, a autoestima e a afectividad, axúdanos a organizar e comprender o mundo que nos rodea; proporciónanos unha sensación de seguridade, benestar e harmonía, favorece a tranquilidade e serve para expresar de forma creativa pensamentos e emocións.


     A palabra "mandala" vén do sánscrito e significa círculo, é unha representación simbólica da unión do individuo co universo que o rodea. Ten a súa orixe no punto central e constrúese cara ao exterior. En todas as culturas ao longo da historia podemos atopar debuxos xeométricos similares aos mandalas: os yantras da India, as rodas de sanación dos indios americanos, moitos deseños celtas, os rosetóns das catedrais gótica.

     Estos deseños xeométricos, tamén se atopan na natureza: vémolos cando cortamos unha froita, algunas follas, moitas flores... vémolos cando  observamos as ondas ao tirar unha pedra na auga, cando miramos unha folerpa de neve no microscopio, ou nas imaxes das galaxias...

   
Este mandala fixérono os nenos no areiro do patio...
   A través do tempo e en moitas culturas, os mandalas foron unha ferramenta para a meditación ou a oración, un símbolo de sanación e tamén un instrumento para diagnóstico. Hoxe utilízanse tamén para aliviar o estrés e os neuropedagogos dín que traballar con mandalas contribúe ao desenvolvemento do hemisferio dereito do cerebro, desenvolvendo as facultades intuitivas e creativas. 


sábado, 20 de decembro de 2014

COLOMBIA

   Beatriz e Gonzalo, os pais de Lya  viñeron a compartir con nós a merenda e trouxeron tortillas e empanadillas que preparan no bar que teñen. As empanadillas eran unha receita de Colombia adaptada, que alá se come con salsa picante e os nenos comeron con ketchup... Para Lya foi unha sorpresa, xa que non lle dixéramos nada. Bea falounos do seu fermoso país de orixe, do seu clima, da cidade onde naceu, de personaxes famosos  como o escultor Botero e o escritor García Marquez... aínda que eles só coñecían a cantante Shakira... Tamén nos contou que Colombia é un dos maiores productores de café, de froita... e de orquideas.

     Despois vimos en youtube a lenda da Madre Monte: un personaxe misterioso que vive nos montes e ten a pel verde e musgosa, que protexe dalgún xeito os bosques e castiga aos que os perxudican. Os rapaces encantoulles a historia e xa ma pediron máis veces, así que tamén vos poño aquí o enlace. Despois, algúns, só uns pouquiños, bailaron unha cumbia e finalmente comeron as empanadillas ao berro de ketchup!! e deron boa conta das dúas enormes tortillas... 
Só deixaron os cartóns ( e despois algúns aínda merendaron o que traían de casa..). Como comensales estiveron á altura e deronlle a Bea dúcias de felicitacións pola merenda. 
Moitas grazas Beatriz por compartir con nós a mañán! 

PREMER AQUÍ PARA VER AS FOTOS 

VIDEO  COA  LENDA  DE  MADRE  MONTE

luns, 15 de decembro de 2014

SERGIO E XOEL

   A cabaza de Sergio foi elixida no concurso xunto co mural de Xoel e o venres fixemos a entrega dos premios, pero como non pudo asistir, hoxe démoslle o seu diploma e o agasallo. Aquí están os nosos gañadores compartindo o aplauso que lles demos na clase.         Parabéns!



domingo, 14 de decembro de 2014

O NADAL EN VENEZUELA

   Rosa, a nai de Nohemí, é de Venezuela e o venres veu a clase a cantarnos un aguinaldo, que  é como lle chaman alá ás panxoliñas. abaixo póñovos o enlace coa canción "CORRE CABALLITO" e tamén a que nos trouxo o ano pasado "MI BURRITO SABANERO"do que aínda se lembran xa que lles gustou moito.  Ademáis, mentras as íbamos buscando en internet, contounos moitas cousas do seu pais de orixe e da capital Caracas onde ela naceu.  Tamén nos falou de como se celebra o Nadal, de como se fan as  hallacas sobre follas de plátano e da súa historia, do pan de xamón e da ensalada de galiña que son as comidas propias da Noite Boa. Tan rico nos parecía todo ... que nos entrou a fame antes da hora da merenda. 

PREMER AQUÍ PARA VER AS FOTOS



sábado, 13 de decembro de 2014

Os diplomas de Xoel e Sergio

  O venres entregáronse na Biblioteca os diplomas do concurso de cabazas e de composicións de outono. A cabaza de Sergio e o mural do magosto feito por Xoel foron elixidos entre os favoritos. Aquí están os dous traballos e unha foto de Xoel na entrega dos premios.





mércores, 10 de decembro de 2014

O MAGO RAFA

     A maxia é unha das cousas que máis lles gusta aos pequenos e aos grandes porque...  e si existe?
     Onte fomos á Biblioteca a ver ao mago Rafa que nos fixo unha sesión previa ás xornadas que van ter lugar en Bertamiráns e no Milladoiro.        
     Escolleu  de voluntarios a Kayque, a Clara e Carlota que fixeron de axudantes e meteronse completamente no papel. Kayque dibuxou un sol e unha chuvieira para que o mago fixese aparecer un pano coas cores do arco da vella, Clara axudoulle cunhas variñas que se doblaban soas e que  se multiplicaban e gañou unha...  e Carlota saleu ataviada cun sombreiro e un bolso a xogo. O mago tamén fixo aparecer e desaparecer as cores dun libro de dibuxos ("como pode ser? decía un alumno de 1º... si eu non borrei nada."). Un rato moi divertido ...e máxico!.

PREMER AQUÍ PARA VER AS FOTOS DA SESIÓN

luns, 1 de decembro de 2014

HOSPITAL DE OSIÑOS VISTO POLOS MÉDICOS FUTUROS

     Futuros médicos, os alumnos e alumnas da Facultade de Mediciña de Santiago fotografiaron  a actividade do Hospital de osiños que realizaron cos nenos e nenas de 6º de Infantil. Coas fotos que nos mandaron estos días fixen este video: a mesma actividade, pero vista desde outro punto de vista.