Beatriz e Gonzalo, os pais de Lya viñeron a compartir con nós a merenda e trouxeron tortillas e empanadillas que preparan no bar que teñen. As empanadillas eran unha receita de Colombia adaptada, que alá se come con salsa picante e os nenos comeron con ketchup... Para Lya foi unha sorpresa, xa que non lle dixéramos nada. Bea falounos do seu fermoso país de orixe, do seu clima, da cidade onde naceu, de personaxes famosos como o escultor Botero e o escritor García Marquez... aínda que eles só coñecían a cantante Shakira... Tamén nos contou que Colombia é un dos maiores productores de café, de froita... e de orquideas.
Despois vimos en youtube a lenda da Madre Monte: un personaxe misterioso que vive nos montes e ten a pel verde e musgosa, que protexe dalgún xeito os bosques e castiga aos que os perxudican. Os rapaces encantoulles a historia e xa ma pediron máis veces, así que tamén vos poño aquí o enlace. Despois, algúns, só uns pouquiños, bailaron unha cumbia e finalmente comeron as empanadillas ao berro de ketchup!! e deron boa conta das dúas enormes tortillas...
Só deixaron os cartóns ( e despois algúns aínda merendaron o que traían de casa..). Como comensales estiveron á altura e deronlle a Bea dúcias de felicitacións pola merenda.
Moitas grazas Beatriz por compartir con nós a mañán!
PREMER AQUÍ PARA VER AS FOTOS |
VIDEO COA LENDA DE MADRE MONTE |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!