Nas aulas de educación infantil moitas veces
traballamos con obras de Joan Miró pola aparente simplicidade, orixinalidade e sinxeleza
nas formas que realiza e o uso de cores… Todos estos aspectos están moi relacionados coa forma de
representación infantil. Entre outras cousas, Joan Mirou utilizaba brillantes
cores, especialmente o azul, vermello, amarelo, verde e negro.
Tamén
una das razóns polas que eliximos a este artista, é principalmente porque á agora
de pintar baséase na imaxinación e nos soños, é dicir, é un dos maiores
representantes de surrealismo. Á hora de
pintar, debuxar e crear é un artista que dá renda solta á imaxinación. É de
mente libre. A mente dun neno funciona nestas edades de forma moi semellante:
mentes libres, imaxinativas e sen medo a experimentar.
Despois de observar e comentar algunas
das súas obras, deilles aos nenos 5 botes con témpera verde, amarela, azul, vermella e
añil e ao rematar todos tiñan que engadir algúnha liña en negro. Só lles pedín que non mesturasen as cores e que empregaran un trazo diferente para cada cor. Este foi o
resultado…
premede AQUÍ para ver os nosos "MIRÓS" |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!