venres, 24 de xaneiro de 2014

OS HOMES PRIMITIVOS E AS PELES

     Investigando sobre os homes primitivos aprendimos cómo aproveitaban as peles dos animais que cazaban para quentarse e vestirse con elas. Despois de "cazar e despezar os mamuts" do outro día, miramos os abrigos, as mantas e as alfombras con outros ollos... Isabel e Casilda prestáronnos un par de peles ( unha era de ovella e a outra deduxemos que "podía ser" de reno) que nos serviron para ambientar a clase: vestímonos con elas, fixemos unha cabana,  e sobre todo disfrutamos un montón! 

clicar aquí  para ver o que fixemos coas peles

a pel de ovella



domingo, 19 de xaneiro de 2014

FM NAS AULAS DE INFANTIL

   
    O xoves tivemos no colexio a Ana, unha expecialista en audición de ACOPRÓS que nos veu contar a historia de "OLIVER E OS AUDÍFONOS". O curso pasado presentounos o personaxe do elefantiño Oliver e o proceso que sigueu ata decatarse do seu problema de audición. En esta sesión contounos a segunda parte: "OLIVER E A FM".  No cole temos unha nena que utiliza este sistema, así que todos queríamos coñecelo, xa que para ela foi fantástico, aínda que ao principio cóstaballe ubicar as voces.
   

       Os sistemas FM transmiten o son mediante ondas de radio e están formados por un emisor e un receptor. A profe leva enriba o transmisor (que ten un pequeno micrófono e un emisor)  e a nena leva un receptor acoplado ao seu audífono. O uso dos sistemas de frecuencia modulada na aula favorece a relación sinal-ruido e permite achegar e identificar mellor a voz da profesora. No caso de ter FM en varias aulas, cada unha tería que emitir na súa propia frecuencia para non interferirse.
 Aquí póñovos o conto de "Oliver e a FM" que atopei na rede:
CLICAR PARA VER O CONTO

 
ACOPROS

mércores, 15 de xaneiro de 2014

CAZANDO MAMUTS

   En clase comezamos un novo proxecto sobre a PREHISTORIA E OS HOMES PRIMITIVOS. Xa o tiñamos pensado desde que contamos o conto de CRONIÑONA e agora xa estamos metidos de cheo no tema. Para inicialo comezamos moito tempo atrás: conteilles a historia da formación do Planeta a partir do big bang e logo a aparición da vida na terra e máis tarde a dos primeiros seres humanos. 


       Logo púxenlles un corto daquela serie estupenda de ERASE UNHA VEZ O HOME que contaba o mesmo: e falamos dos dinosauros, da evolución ("antes eramos monos?"... preguntan sempre), dos homes primitivos, como cazaban, onde vivían, que comían, as ferramentas que usaban, como descubriron o uso do lume (lembramos o conto "En busca del volcán") etc...

        E nesas estábamos cando chegou a profe María que viña facer un exercicio de psicomotricidade coas mans. María traía tres cabalos de espuma da sala que xa estaban rotos e pensaba facerlles traballar arrancando anacos cos dedos practicando as técnicas do rasgado e o pellizcado e ... "PAAAARA MARÍA! Espera que imos cambiar o motivo": conteilles  que o que traía María eran  TRES MAMUTS!  E QUE ELES TIÑAN QUE FACER COMA OS HOMES PRIMITIVOS E DESPEZALOS PARA COMER:

     Foi o momento xusto e esto foi o que pasou: totalmente metidos no seu papel, arrancaron, despezaron e cortaron os tres mamuts  con absoluta ferocidade... e non era nada doado!

clicade aquí para ver  
   Agora estamos xa preparando o traballo, cada mesa é un clan e escolleron o seu  animal totem para dibuxar .... Ah e saímos ao corredor sixilosamente a cazar mamuts! (son o resto dos profes...)
Xa vos contarei como nos vai... e sobre todo cando descubramos o xeito de facer lume!

Aquí vos poño o corto de Erase unha vez o home. É fantástico!