En clase comezamos un novo proxecto sobre a PREHISTORIA E OS HOMES PRIMITIVOS. Xa o tiñamos pensado desde que contamos o conto de CRONIÑONA e
agora xa estamos metidos de cheo no tema. Para inicialo comezamos moito
tempo atrás: conteilles a historia da formación do Planeta a partir do
big bang e logo a aparición da vida na terra e máis tarde a dos
primeiros seres humanos.
Logo púxenlles un corto daquela serie estupenda de ERASE UNHA VEZ O HOME
que contaba o mesmo: e falamos dos dinosauros, da evolución ("antes
eramos monos?"... preguntan sempre), dos homes primitivos, como cazaban,
onde vivían, que comían, as ferramentas que usaban, como descubriron o
uso do lume (lembramos o conto "En busca del volcán") etc...
E nesas estábamos cando chegou a profe María que viña facer un exercicio de psicomotricidade
coas mans. María traía tres cabalos de espuma da sala que xa estaban
rotos e pensaba facerlles traballar arrancando anacos cos dedos
practicando as técnicas do rasgado e o pellizcado e ... "PAAAARA MARÍA! Espera que imos cambiar o motivo": conteilles que o que traía María eran TRES MAMUTS! E QUE ELES TIÑAN QUE FACER COMA OS HOMES PRIMITIVOS E DESPEZALOS PARA COMER:
Foi o momento xusto e esto foi o que pasou: totalmente metidos no seu papel, arrancaron, despezaron e cortaron os tres mamuts con absoluta ferocidade... e non era nada doado!
clicade aquí para ver |
Agora estamos xa preparando o traballo, cada mesa é un clan e escolleron o seu animal totem para dibuxar .... Ah e saímos ao corredor sixilosamente a cazar mamuts! (son o resto dos profes...)
Xa vos contarei como nos vai... e sobre todo cando descubramos o xeito de facer lume!
Aquí vos poño o corto de Erase unha vez o home. É fantástico!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!