CLICAR PARA VER |
A semana antes do Nadal estivemos "un chisco atarefados":
- rematando os traballos,
- facendo postais e adornos para levar a casa e colgar na árbore e "toleando coa purpurina"
- decorando as preciosas bolsas para os traballos
- tamén fomos invitados as clases dos maiores que nos querían cantar unha panxolina (e nós cantámoslles a eles... "un chisco", xa que quedaron cortados cos nervios),
- logo recibimos a visita dos maiores que viñeron á nosa clase a contarnos o precioso conto de "Ambrosio o limpador de estrelas"
- fomos ver o conto de "Antón e o Apalpador" presentado pola avóa do Caurel (interpretada pola profe Arancha totalmente metida no seu papel)
- tamén apareceron polas clases os paxes dos Reis Magos a falar con nós e traernos caramelos da súa parte.
- o xoves despedimos a Kevin, que foi pasar o Nadal en Venezuela.
- recibimos a visita de Rosa, a nai de Nohemí que nos ensinou o villancico "mi burrito sabanero"
- e o venres tivemos chocolate con churros que nos trouxo un churreiro (e Carmen quentounos o chocolate).
- Polo medio tivemos varias visitas de ex-alumnas que xa están no Instituto e se emocionaban cos pequenos tanto como eles con elas...
Nin vos conto os apuros, os nervios, a emoción (serán os vapores da purpurina digo eu...je je), o sube e baixa entre infantil e primaria (cruzándonos coas outras 9 filas sin intercambiar nenos!) e a coordinación destas actividades... Finalmente todo saleu como tiña que sair e os nenos pasáronno moi ben!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!