Diante das ventás da clase temos un precioso carballo americano ao que durante o outono as follas vánselle poñendo de moitas cores: primeiro vermello, logo laranxa, amarelo e ao final pasan de douradas a marróns. Agora están case todas no chan e pensamos en devolverlles algo das cores perdidas. Así que saimos ao patio e collimos unha manchea das máis grandes e aplanadas e puxémonos a pintar en elas coma se fosen folios: primeiro con rotuladores e logo outras con témperas. Marcamos as nervaduras, dibuxamos os contornos e fixemos varios tipos de grafías. En relación con coñecemento do medio puxémonos máis científicos e falamos da savia que vai polas nervaduras, dos azúcres que leva e de porque se lle caen realmente as follas as árbores co frio...
Así foi como nos quedaron as follas despois de esta "intervención artística" dos nenos. Clicade en cada imaxe para ver os distintos procesos.
con rotulas de cor e prateados |
con témperas |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!