O luns baixamos á Biblioteca do cole para ver un espectáculo de maxia.Os nenos baixaron todos emocionados e cando entramos atopamos que desapareceran as estanteirías centrais e o espazo estaba ocupado por sillas para nós. Diante de todo sentáronse os pequenos de 3 anos e eles foron os que máis tarde sairon como axudantes do mago que saleu ao escenario. O mago fixo o que fan os magos... e nas caras dos nenos e as nenas podedes ver que a maxia andaba polo escenario. De primeiras non querían saír voluntarios pero a partir do segundo número xa querían subir todos!. O que máis lles gustou foron as pombas que aparecían máxicamente e que máis de unha quería tocar. E teño que decir que o número que menos lles chamou a atención foi o de facer aparecer un billete de cincuenta: non estaría de máis saber cómo, pero para os nenos era moito máis máxico o das pombiñas!. Eso si que era maxia!
Aquí vos poño as fotos do espectáculo:
o espectáculo de maxia! |
Aviso para interesados:
Na páxina do Concello atoparedes "máis información sobre o VIII Festival de Maxia que se celebra en Ames esta fin de semana. As localidades de Bertamiráns e do Milladoiro acollerán durante o sábado
14 e o domingo 15 de decembro, un festival de maxia dirixido a todos os públicos. Esta actividade, que está
organizada pola Concellaría de Cultura, intenta achegar á cidadanía
amiense o espectacular mundo dos magos..." (leer máis+)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!