A laranxeira da nosa horta está chea de froita, así que pasamos por alí para recoller unhas cuantas laranxas. A árbore ten
unha peculiariedade, xa que cando a plantamos fará uns 10 anos, era unha
laranxeira que os primeiros anos dou froitas grandes e doces, pero máis
tarde retoñou por debaixo do inxerto e comezou a dar tamén laranxas
moito máis pequenas, ácedas e de cor algo máis amarela que, de pequenas, parecen limóns.
Non quixemos cortar esa metade da árbore e agora produce dúas clases de
froitos: as laranxas doces de mesa e estas que fomos recoller agora,
que son as axeitadas para facer marmeladas e perfumar confituras. Con
nós viñeron os nenos da clase de Lidia e despois escribimos e fixemos
dibuxos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!