O venres fomos ver
“As aventuras de Quebranoces” no Centro sociocultural, de Bertamiráns. O espectáculo consiste na representación con teatro de
monicreques dunha historia, de guión propio da Asociación Musical Musicreques, baseada no conto
“Quebranoces e o Rei do Ratos” (escrito por E. T. A. Hoffmann), mentres
se interpreta en directo ao piano a música da Suite “O Quebranoces” de
P. I. Tchaikovsky. (clicar aquí para escoitala).
Si entrades na páxina da Asociación Musical Musicreques, podedes ver as características do espectáculo que ofrecen e a entrada que fixeron da visita.
Como a actuación comezou máis tarde do que nos dixeran, tivemos tempo de "invadir e ver" as instalacións do centro, que conta con un local no baixo que ocupamos as seis clases da primeira tanda xogando un bó rato. Por suposto, e a pesar de que sempre temos a precaución de ir ao baño antes de sair do cole, tamén tivemos ocasión de ver as instalacións sanitarias do centro (esto ademáis é contaxioso: vai un , van todos...)
Os bonecos escenifican o conto mentras os nenos escoitan a música de Tchaikovsky e polo medio escoitamos o piano con escenas nas que os
monicreques, ao longo de distintas aventuras, ensinarán aos nenos "a
importancia do respecto aos demais, o valor do diálogo e da escoita, a
beleza da música, os diferentes países e culturas, etc. Da man dos
monicreques, os nenos poderán coñecer distintos
intrumentos musicais, as distintas familias instrumentais, que é o
ritmo, a melodía e a harmonía, aprenderán a bailar un vals, etc."
Na clase vimos este corto de animación para coñecer a historia do quebranoces.
clicar aquí |
clicar aquí |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: a túa opinión conta!